Excarceran aos dous ocupantes dun vehículo que se saíu da vía en Cospeito

Os Bombeiros de Vilalba foron os encargados de liberar aos ocupantes do vehículo impactado


|

Ambulancia
Os ocupantes do vehículo foron trasladados ao HULA

Os dous ocupantes dun vehículo tiveron que ser excarcerados na tarde de onte tras saírse da vía mentres circulaban no municipio lucense de Cospeito.

 

Segundo informou a central de emerxencias, o accidente tivo lugar no punto quilométrico 14 da estrada LU-120. Un particular deu aviso ao 112 poucos minutos despois das 19:30 horas.

 

Os Bombeiros de Vilalba acudiron ao lugar do accidente para realizar a excarceración e liberar ás dúas persoas atrapadas por mor do impacto. Posteriormente, ambas foron trasladadas ao Hospital Univesitario Lucus Augusti, tras recibir atención sanitaria no propio lugar.

Ademais dos bombeiros e o 061, no operativo tamén participaron a Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento da vía de circulación.
 

FERIDO DE GRAVIDADE UN MENOR

En Vilanova de Arousa, un menor sufriu feridas de gravidade ao ser alcanzado por un coche mentres circulaba en bicicleta, nas proximidades do Concello.

 

Os feitos tiveron lugar durante a tarde de ayern tamén sobre as 19:30. Neste momento, unha persoa particular contactaba coa central de emerxencias para dar conta do atropelo do menor.

O servizo solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Policía Local.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE