Accidente mortal: morre un mozo de 25 anos cando realizaba prácticas de moto en Nogueira de Ramuín

Os feitos ocorreron ao redor das 12 horas nun polígono onde se realizan prácticas de condución.


|

El helicoptero del 061 en el lugar del accidente´del motorista de la Guardia Civil
Helicoptero do 061

 

Este venres a traxedia golpeou ao municipio ourensán de Nogueira de Ramuín, onde un novo suceso nas estradas galegas cobrouse a vida dun motorista en prácticas.

 

 

SUCESO

Os feitos ocorreron no termo municipal da localidade ourensá, concretamente en Luíntra, cerca do polígono industrial que conta cunha zona acoutada á circulación e serve para a realización das prácticas de condución, onde se reportou ao redor das 12 horas a caída dunha persoa en motocicleta.

 

HGrBvH3XIAAdiO9
Foto: @g24noticias

 

Foi unha chamada ao 112 Galicia a que deu a voz de alarma á Central de Emerxencias, á que notificaron que a muller accidentada atopábase inconsciente no lugar do sinistro. Ao parecer, e segundo as informacións da #TVG, o motorista en prácticas, un raparigo de 25 anos, atopábase realizando unhas probas nunha autoescola. No momento do suceso levaba postas todas as medidas de seguridade obrigatorias. 

 

 

Até o punto mandouse un helicóptero medicalizado con base en Ourense. No entanto, os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazados ao lugar, xunto con GES de Pereiro de Aguiar, axentes da Garda Civil de Tráfico e membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Nogueira de Ramuín, só puideron confirmar o deceso.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE