Seguen activos os lumes de Chandrexa e Trevinca, mentres a situación no resto de Galicia mellora

Segundo os últimos datos da Consellería do Medio Rural, na mañá deste domingo quedaron controlados os incendios da localidade lucense de Carballedo, parroquia da Cova, e o de Riós, na parroquia de Traestrada
 


|

Vista aérea tras el incendio, a 20 de agosto de 2025, en San Vicente de Arriba, Ourense, Galicia (España).
 

A situación dos incendios forestais que arrasan Galicia continúa mellorando e, actualmente, a Comunidade mantén activos dous lumes na provincia de Ourense: o de Chandrexa de Queixa, que arrasa 19.000 hectáreas, e o de Carballeda de Valdeorras, que calcina 4.000 hectáreas.

Segundo os últimos datos da Consellería do Medio Rural, na mañá deste domingo quedaron controlados os incendios da localidade lucense de Carballedo, parroquia da Cova, e o de Riós, na parroquia de Traestrada.

Actualmente, os lumes sen apagar afectan a 85.070 hectáreas --entre os lumes activos (23.000 hectáreas) e os estabilizados (62.070 hectáreas)--.

Desta forma, permanecen estabilizados os incendios de Larouco, parroquia de Seadur (30.000 hectáreas en territorio galego); o de Oímbra e Xinzo de Limia, prroquias da Granxa e Gudín, (17.000 hectáreas); A Mezquita, parroquia da Esculqueira (10.000 hectáreas); o de Carballeda de Avia e Beade, parroquia de Vilar de Condes e As Regadas (4.000 hectáreas); o de Vilardevós, parroquia de Vilar de Cervos (900 hectáreas); o de Riós, parroquia de Fumaces e a Trepa (100 hectáreas); e o de Vilaboa, parroquia de Santa Cristina de Cobres (70 hectáreas).

Así mesmo, están controlados o incendio do concello lucense de Carballedo, parroquia da Cova (100 hectáreas); o de Riós, parroquia de Trasestrada (40 hectáreas); o de Maceda, parroquia de Santiso e Castro de Escuadro, (3.500 hectáreas); o de Vilardevós, parroquia de Moialde (600 hectáreas); e o de Montederramo, parroquia de Paredes (120 hectáreas).

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE