O PSOE de Malpica denuncia que o centro de día segue pecho tres anos despois do fin das obras

Os socialistas preguntaron de novo pola data de apertura deste recurso asistencial, con todo, "o alcalde contestou que acababa de recibir os pregos de contratación para poder licitar o servizo e abrir o centro de día".
 


|

Centro de Día Malpica
Centro de Día Malpica

 

 

 

O PSOE-#PSdeG de Malpica denunciou que o Centro de Día situado na Casa do Oleiro en Buño segue sen abrir as súas portas a pesar de que as obras finalizaron en febreiro de 2022. Así, o portavoz socialista, Walter Pardo, lembrou que no mes de novembro de 2022 o alcalde, Eduardo Parga, anunciou na prensa que o servizo sería unha realidade a principios de 2023.

Segundo o representante socialista, "xa pasou o ano 2023, xa pasou o ano 2024 e na reunión de maiores de 2025 o señor Parga volvía dicir que tentaría abrilo en setembro, pero o centro de día segue sen abrir".

Tal e como subliñaron os socialistas nunha nota de prensa, durante o pleno ordinario de setembro preguntaron de novo pola data de apertura deste recurso asistencial, con todo, "o alcalde contestou que acababa de recibir os pregos de contratación para poder licitar o servizo e abrir o centro de día".

A partir desa resposta o PSOE cuestionou a xestión realizada durante este tempo porque, tal e como indicou Pardo, "o Concello ten plenas competencias e poder sobre o centro desde que se entregou a obra, en febreiro de 2022". Motivo polo que criticou que a instalación continúe pecha máis de tres anos despois. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE