Que pasa en Otorrinolaringoloxía do CHUS? Sindicatos denuncian "caos organizativo"; "diferenzas internas" para Xerencia​

A Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) elevou a inspección a situación na área de Otorrinolaringoloxía do centro, que achaca a diferenzas internas rexistradas entre os profesionais do servizo.

A Xerencia do CHUS eleva a inspección os problemas en Otorrinolaringoloxía, que achaca a diferenzas internas 

Que pasa en Otorrinolaringoloxía do CHUS? Sindicatos denuncian "caos organizativo"; "diferenzas internas" para Xerencia


|

Os problemas destapados por CC.OO. na área de Otorrinolaringoloxía provocan que a propia Xerencia do hospital eleve a inspección a situación.


O sindicato advirte que a situación resulta "insostible" e desde o CHUS sinalan ao propio persoal do servizo como responsable.


Arquivo - Clínico, Chus

Fachada do CHUS | Foto: EP


A Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) elevou a inspección a situación na área de Otorrinolaringoloxía do centro, que achaca a diferenzas internas rexistradas entre os profesionais do servizo.


Comisións Obreiras denunciou o "caos organizativo" e a "insostible situación" dese servizo, "con cargas de traballo moi desiguais para os distintos profesionais, tanto nos que respecta ás axendas como as intervencións cirúrxicas", entre outras cuestións.

Desde a Xerencia quixeron aclarar que "a calidade da atención sanitaria aos pacientes está garantida" e que a situación rexistrada débese a "diferenzas internas" producidas no propio servizo.


Así e tras diferentes reunións para tentar mediar, decidiuse elevar a situación á inspección.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE