Gadis inicia a súa campaña 'Maio Solidario' en máis de 200 establecementos de Galicia e Castela e León

A cadea de supermercados aspira a superar os rexistros das edicións anteriores.


|

GADIS MAYO SOLIDARIO (2)
Foto: Gadis

 

Con case tres lustros ás súas costas, a campaña 'Maio Solidario' inicia unha nova edición nos establecementos de Gadis repartidos por Galicia e Castela e León. A iniciativa, que busca axudar a miles de familias desfavorecidas, permanecerá aberta até o 31 de maio.

 

 

TRECE ANOS DE MARCA

En total, son 204 puntos de venda os que participarán nesta campaña. Da Coruña a Segovia, pasando por Santiago, Vigo, León, Zamora, Lugo, Valladolid, Ourense ou Ávila, Gadis buscará romper os rexistros de edicións anteriores. Nas trece edicións celebradas até a data foron 1,8 millóns de quilos de alimentos doados e máis de 290.000 euros. 


"As formas de colaboración son dúas: entrega de alimentos non perecedoiros nos espazos
destinados a este fin nos supermercados ou realizando unha doazón económica no
momento de pasar por caixa", puntualizan desde a firma galega, que participa en máis de 2.400 accións cada ano. 

 


Con esta iniciativa, as axudas de Gadis e os seus clientes chegarán ao Banco de Alimentos Provincia da Coruña, os de Lugo, Ourense, Vigo, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Segovia, Salamanca, Valladolid e Zamora nunha rede que axuda a máis de 100.000 persoas desfavorecidas.

 

GADIS MAYO SOLIDARIO (1) (1)
Foto: Gadis

 

"Gadis agradece de antemán a solidariedade dos seus clientes, así como o compromiso do seu equipo humano dos puntos de venda para que a campaña resulte un éxito", engaden, facendo extensible o agradecemento aos voluntarios presentes nos supermercados. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE