Sospeitosos de coronavirus esperando en padiolas nos corredores de Urxencias do Hospital de Santiago

Por agora, a Xunta non contestou.Hai anos que o SERGAS e a Asociación levan encerellados en polémicas ao fío de episodios de saturación nas urxencias do CHUS. A gripe foi o desacadenante de imaxes de pacientes esperando en padiolas e en cadeiras de rodas no corredores, no canto de en os preceptivos 'boxes', en pasados invernos.


|

Unha decena de pacientes no corredor de urxencias, a pesar de ser sospeitosos de padecer covid, en padiolas e cadeiras de rodas. Esta é a foto-denuncia que publicou a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS de Santiago.


A imaxe foi tomada a finais da semana pasada nos corredores do circuíto covid do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). 


Pacientes no circuíto COVID do CHUS de Santiago o 14 de xaneiro




Este circuíto atende a todas as persoas que chegan a urxencias con síntomas compatibles co covid. Telos esperando xuntos no corredor, á espera de ver ao médico e de facerse a proba, aumenta a posibilidade de contaxio daqueles aínda non afectados pola pandemia.


"Vos corredores dá zona COVID-19 de urxencias son zonas de paso sen illamento e onde a probabilidade de infección é altísima para calquera persoa que permaneza nel sen diagnóstico positivo de infección", de queixan desde a citada asociación.


Galiciapress púxose en contacto coa Xerencia da EOXI de Santiago para dar a coñecer a súa parecer sobre a denuncia. Por agora, a Xunta non contestou.


Hai anos que o SERGAS e a Asociación levan encerellados en polémicas ao fío de episodios de saturación nas urxencias do CHUS. A gripe foi o desacadenante de imaxes de pacientes esperando en padiolas e en cadeiras de rodas no corredores, no canto de en os preceptivos 'boxes', en pasados invernos. Desaparecida case por completo a gripe,  este ano é o coronavirus o que saturou, polo menos nalgún momento, os corredores do CHUS. 








Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE