Médicos do brote covid denuncian que puideron contaxiarse no propio Hospital de Santiago e non na cea

 "As condicións nas que traballamos, os despachos e as salas de descanso asignadas para cada servizo non cumpren nin se aproximan ás recomendacións indicadas polas autoridades sanitarias"


|

"As condicións nas que traballamos, os despachos e as salas de descanso asignadas para cada servizo non cumpren nin se aproximan ás recomendacións indicadas polas autoridades sanitarias". Esta é unha das denuncias incluídas nunha carta remitida por o Colectivo de Médicos Internos Residentes do Hospital Clínico Universitario Santiago á Xerencia do Hospital Clínico Universitario de Santiago.


Eloina Nuñez é a responsable do SERGAS en Santiago

Eloina Nuñez é a responsable do SERGAS en Santiago 


A carta de resposta á Xerente da EOXI de Santiago O Barbanza Eloína Núñez chega despois de que aumentasen a 18 os contaxios vinculados a un brote de coronavirus entre médicos residentes.


O SERGAS indicou que se produciu despois dunha cea do persoal MIR, da que non tivo coñecemento previo e que dera directrices en contra deste tipo de reunións. Pola tarde, o presidente da Xunta mostrouse "especialmente doído". Primeiro foron varios sindicatos os que lles deron o seu apoio e agora son  os médicos MIR os que reaccionan hoxe ,acusando á Administración de poñelos aos pés dos cabalos sen motivo.


"Criminalizar, e máis publicamente da maneira en que a que se está facendo, os actos levados a cabo polo persoal sanitario, cando se produciron en conformidade coa normativa e protocolos sanitarios vixentes, desde o propio centro de traballo, xera en primeiro lugar, un aumento do descontento que vimos sufrindo desde o colectivo e o menosprezo xeneral cara ao noso traballo desde algunhas autoridades sanitarias; sentíndonos desamparados e sen protección pola súa banda, como en tantas outras ocasións", aseguran.


"Non se pode afirmar que o aumento de contaxios tan só fose derivado da reunión citada, senón que podería ser xerado durante as xornadas laborais"


Os sanitarios preséntanse como vítimas cando, en realidade, nin había normas que impedisen céaa -normas que é a propia Xunta quen dita- nin, segundo razoan, sábese de certo se a cea foi o motor do brote. 


"Non se pode afirmar que o aumento de contaxios tan só fose derivado da reunión citada, senón que podería ser xerado durante as xornadas laborais matutinas e de garda". Tamén engaden que os contaxios poderían ser produto de contactos de círculos familiares.


AVISO, INFORMAL, PERO AVISO

O que non negan os mozos médicos é que o SERGAS recomendou non celebrar este tipo de ceas. Non foi a través dunha directriz formal da Xerencia, senón a través dunha especie de decálogo con recomendacións do Nadal. A pesar do seu ton informal, entre esas"recomendacións" hai unha ben explícita de "evitar xuntanzas e paparotas".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE