As últimas cifras do coronavirus en Galicia son malas, con máis de 1.100 novos positivos outra vez. Os tenues indicios dunha melloría non gañan consistencia hoxe, aínda que tampouco desaparecen de todo. A media da positividade segue á baixa, aínda que as incidencias semanal e a dúas semanas continúan en máximos.
A análise municipal das últimas cifras do coronavirus en Galicia mostra un empeoramento xeral. Destaca a brusca subida en Vigo, unha cidade que contivera a pandemia en decembro. Santiago segue sendo a urbe con peor incidencia acumulada.
A análise xeográfica dos últimos datos do coronavirus mostra unha alza case xeral, coa excepción de Pontevedra e a súa comarca. A Mariña, Santiago, O Barbanza e A Raia Seca son algunhas das áreas con máis municipios no máximo nivel de alerta posible.
Unha empresa privada encárgase de rastrexar a distancia aos positivos de covid en Galicia. O total de telerastreadores oscilou moitísimo durante a pandemia e creceu algo nos últimos meses.
O 2020 déixanos non se antes recibir a patada na retagarda de toda a cidadanía
"A historia móstranos que non será a última pandemia" advírtenos Tedros Adhanom Ghebreyesus,
"Non podemos seguir co Nadal tal e como o tiñamos planeado", declarou Johnson en rolda de prensa, onde anunciou estas medidas "con moita tristeza".
Polo menos oito persoas morreron despois de que un respirador explotase e provocase un incendio nun hospital privado na provincia de Gaziantep, no sueste de Turquía, confirmou o hospital.
Os últimos datos do coronavirus en Galicia son un paso máis no empeoramento da pandemia. Soben a incidencia acumulada a 14 días e, sobre todo, a semanal. Santiago e Vigo son as áreas que achegan máis diagnósticos ao total de 357.
Aos que son máis de esquecer as normas, lémbrolles que en Nadal, os que beben e beben e volven beber son, como di a popular panxoliña, os peixes do rio.
O Goberno apunta a que "se trata dunha avaliación aberta, suxeita a continua adaptación en función da información científica dispoñible. Na primeira fase irán só os residentes e persoal sanitario e sociosanitario en residencias de persoas maiores e con discapacidade; o persoal sanitario de primeira liña; outro persoal sanitario e sociosanitario e grandes dependentes non institucionalizados
Nótase moito, especialmente neste país de agoreiros, que hai moito cretino con demasiada suficiencia, aos que os nosos avós chamaban castizamente sabiondos.
Coas persianas levantadas, as portas abertas, as mesas de bares e restaurantes dispostas para ser ocupadas, as terrazas con xente, o sorriso dos que están á fronte dos negocios, pasear agora pola cidade é outra cousa despois de tantos días de tristeza, desasosego e ata medo.
O Executivo de España ten un plan para que a metade da poboación española reciba a vacina en seis meses. Agora ben, están os cidadáns dispostos a inxectarse? A vicepresidenta do Goberno confía en que si tras recoñecer "a obrigatoriedade das vacinas non é legalmente posible". Postura que contrasta coa da Xunta, que prevé multar aos que se neguen a poñela.
A Generalitat enviará unha carta aos seleccionados, que poderán recoller o material necesario nunha farmacia e entregar a mostra alí. O Goberno catalán promete resultados en 24 horas. Outro exemplo máis dos pasos que están a dar as administracións para rebaixar contaxios e aumentar a confianza para a campaña de Nadal.
"Os nenos non son un problema como sufridores nin como transmisores" conclúe a médica responsable da UCI pediátrica que salvou á menor, lembrando que os casos graves entre menores son moi pouco frecuentes, aínda que si os hai.
As cifras do coronavirus en Galicia aparentan ser boas. Aparentan só, porque poden ser enganosas. Os 350 casos confirmados onte é a mellor cifra case nun mes. Con todo, son produto de só 4.343 test, case 3.000 menos das que vén facendo o SERGAS. O resultado é que a taxa de positividade sobe, resulta máis difícil interpretar os datos e avívase a polémica da prohibición aos médicos de familia de solicitar PCRs aos contactos estreitos.
Din que non hai que alarmar, tampouco hai que ocultar, pero o certo é que a situación de contagios e mortes por covid que se están producindo cada día é moi preocupante.
"Os nosos achados indican que a inmunidade de reacción cruzada provocada polos antígenos DT nas vacúas DTP combinadas probablemente mantén aos nenos e aos máis novos a salvo do COVID-19 en todo o mundo. A inmunidade de reacción cruzada provocada por estas vacinas seguramente diminúe co tempo, o que explica por que os casos de COVID-19 e a gravidade aumentan coa idade", indica o artigo nunha revista científica.