Covid municipios: forte subida en Vigo (+130) e Ourense (+67) e non queda ningún sen positivos esta semana
O mapa de incidencia semanal de covid por municipios mostra que non hai ningún sen positivos esta semana. É a primeira vez que o coronavirus chega a todos os concellos no mesmo período de 7 días. O empeoramento recente das cifras de Galicia reflíctese en que non hai nin un concello cunha incidencia menor a 25 positivos por 100.000 habitantes. Isto tamén é algo nunca visto en toda a pandemia.
O mapa de incidencia semanal de covid por municipios mostra que non hai ningún sen positivos esta semana. É a primeira vez que o coronavirus chega a todos os concellos no mesmo período de 7 días. O empeoramento recente das cifras de Galicia reflíctese en que non hai nin un concello cunha incidencia menor a 25 positivos por 100.000 habitantes. Isto tamén é algo nunca visto en toda a pandemia.
Notas metodolóxicas.- Hai que lembrar que os niveis que usa o mapa de incidencia acumulada de Galiciapress son os do anterior semáforo oficial, vixente ata finais de novembro. A Xunta segue sen aplicar os criterios do novo semáforo ás súas cifras municipais En termos xerais, o novo semáforo eleva ao dobre as pinzas respecto ao anterior. Por exemplo, a nova normalidade -transmisión controlada na nova nomenclatura- dura ata 20 e non ata 10. Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro.
VARIACIÓN SEMANAL
A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 0,96; o que quere dicir que na última semana houbo un % máis de positivos que na penúltima.
Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal (pois a razón de taxas é inferior a 1) aparecen en diferentes tonalidades de verde no mapa da razón de taxas. Canto máis escuro é ese verde, máis pronunciado é a melloría semanal. Por exemplo, o vede escuro de Vimianzo reflicte unha caída do 45% nunha semana. A cidade que máis está a mellorar é Lugo cunha caída do 14% semanal. É preocupante que o resto de urbas anden preto do 1, pois indica que a melloría da pasada semana perdeu tanta forza que está a piques de desaparecer. Por exemplo, a caída en Vigo e Santiago é só do 4% semanal.
Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están a subir desde un punto de vista semanal (pois a razón de taxas é superior a 1) aparecen en diferentes tonalidades de vermello no mapa da razón de taxas. Canto máis escuro ese vermello, máis pronunciado é o empeoramento semanal. Podemos comprobar por exemplo que non hai ningunha cidade onde a tendencia semanal sexa a peor. Si está a empeorar a tendencia semanal en moitos municipios rurais da provincia de Lugo e de Ourense. Por exemplo, en Avión a razón de taxas é de 2,12, o que quere dicir un empeoramento semanal do 112%.
Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están estancados desde o punto de vista semanal, pois a razón de taxas rolda 1, aparecen en branco no mapa da razón de taxas. Por exemplo, O Pino e Ames.
En municipios que teñen menos de 10 positivos á semana é imposible calcular a razón de taxas. Son os que aparecen en gris no mapa. Por exemplo hoxe case todos os de A Baixa Limia e O Courel.
VARIACIÓN DIARIA
Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.
Municipios que máis baixan hoxe o seu cómputo semanal respecto a ese cómputo onte:
- AMES -7
- BOIRO -7
- CERCEDA -7
- VIMIANZO -7
- OZA-CESURAS -7
- PONTEVEDRA -7
- LARACHA -6
- MELIDE -6
- BEGONTE -6
- MEIRA -6
- CATOIRA -6
- MONDARIZ -6
Municipios que máis baixan hoxe o seu cómputo diario respecto a ese cómputo onte:
- CAMBRE +15
- FONSAGRADA (A) +16
- ORDES +18
- SANXENXO +18
- MARIN +19
- REDONDELA +19
- MONFORTE DE LEMOS +22
- CORUÑA (A) +25
- OLEIROS +26
- SANTIAGO DE COMPOSTELA +27
- RIBEIRA +39
- OURENSE +67
- VIGO +130
TODOS Os MUNICIPIOS
A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa.
EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA
A nivel galego a tendencia semanal de casos activos é á baixa, pero nos tres últimos días esta melloría interrompeuse. Tendencia que tamén podemos apreciar nas gráficas dos distritos do SERGAS. Hai repuntes en todas, aínda que son menos virulentas en Pontevedra e en Ferrol que no resto.
No cómputo global, Galicia alcanza este venres os 68.419 casos activos de Covid-19, o que supón 2.055 casos máis que hai 24 horas. A área sanitaria de Vigo segue á cabeza no número de infeccións, e rexistra 18.057 persoas con Covid (744 máis que hai un día); seguida pola área da Coruña, con 14.706 casos (304 máis); e a área de Santiago, con 10.754 casos (465 máis).
Na área sanitaria de Pontevedra o número de casos activos de Covid subiu a 7.729 (102 máis); na de Ourense hai un aumento de 173 casos, ata os 6.986; na área de Lugo os casos chegan a 6.927 (217 máis); e na área de Ferrol hai 3.260 casos activos (50 máis).
POSITIVOS E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA HOXE
Con respecto á presión da pandemia nos hospitais de Galicia, as cifras experimentaron unha lixeira melloría nas últimas horas, cun descenso de 4 pacientes en Unidades de Coidados Intensivos, que agora teñen 44 persoas; e cun paciente menos en planta, o que fai un total de 596 enfermos.
Por áreas sanitarias, a da Coruña conta co maior número de enfermos con Covid en coidados críticos, 11 (igual que hai un día), mentres que hai 8 pacientes en UCI da área de Vigo (os mesmos que hai un día).
Na área de Lugo mantéñense 7 enfermos en UCI; na área sanitaria de Pontevedra son 6 os pacientes en coidados críticos (un menos); na área de Santiago a UCI ten 5 pacientes (dous menos); na área de Ourense tamén hai 5 pacientes graves (un menos); e na área de Ferrol o número de pacientes en UCI mantense en 2.
Escribe o teu comentario