O gasto en pensións alcanza un novo máximo histórico

|

Jubilacionpensionesbaston


O número de pensións en Galicia situouse en febreiro en 756.226, o que representa un incremento do 0,4 por cento con respecto ao mesmo mes do ano anterior, segundo datos do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.


A pensión media na Comunidade galega é de 773,05 euros, fronte aos 915,53 de España, o que a sitúa como a segunda máis baixa despois da de Estremadura (762,06 euros).


Segundo os datos do Ministerio de Emprego, os 773,05 euros da pensión media en Galicia representan un crecemento do dous por cento en relación co mes de febreiro de 2016.


En Galicia 470.127 pensións son de xubilación por un importe medio de 878,97 euros; 186.750 de viuvez cunha contía de 545,56 euros; 69.324 por incapacidade con 831,97 euros de media; 23.904 de orfandade cun importe de 371,28 euros; e 6.121 a favor de familiares con 480,41 euros.


Do total de 756.226 pensións en febreiro en Galicia, 293.169 corresponden á provincia da Coruña cunha contía media de 814,91 euros; 236.760 á de Pontevedra cun importe medio de 814,23 euros; 117.582 á de Lugo con 684,73 euros; e 108.715 á de Ourense, cunha media de 666,02 euros.


TOTAL ESPAÑA


A Seguridade Social destinou neste mes de febreiro a cifra récord de 8.660,6 millóns de euros ao pago das pensións contributivas, un 3,03% máis que no mesmo mes de 2016, segundo datos publicados este xoves polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. O gasto global do conxunto de pensións en febreiro desacelerouse levemente respecto da taxa de xaneiro (3,03% fronte a 3,15%).


A maior parte dos máis de 8.660 millóns de euros destinados a pagar a nómina das pensións foi a parar ás pensións de xubilación, con 6.116,6 millóns de euros (+3,7%), seguidas das pensións de viuvez, ás que se dedicaron 1.514,5 millóns de euros (+1,2%).


O número de pensións avanzou en febreiro un 1,06% respecto ao mesmo mes de 2016, ata un total de 9.459.746 pensións. Aínda que a taxa de crecemento interanual de febreiro non é das máis altas dentro na serie histórica da última década, con ela xa se acumulan trece meses consecutivos de crecementos superiores ao 1%.


Con todo, en termos mensuais (febreiro sobre xaneiro), o número de pensións reduciuse lixeiramente, encadeando o seu segundo retroceso mensual consecutivo.


A PENSIÓN MEDIA DE XUBILACIÓN SOBE UN 2%


A pensión media de xubilación alcanzou a principios deste mes os 1.057,08 euros mensuais, o que supón un 2,07% máis que en febreiro de 2016.


Pola súa banda, a pensión media do sistema, que comprende as distintas clases de pensión (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares), situouse en febreiro en 915,53 euros mensuais, o que supón un aumento interanual do 1,95%.

relacionada As reclamacións a Venezuela e Noruega polas pensións dan outro paso
relacionada Unhas 2.000 persoas saen á rúa en Santiago en defensa das pensións
relacionada Os economistas galegos cren que o aumento das cotizacións sería prexudicial

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress