Accidente laboral en Vilalba: morre un mozo de 22 anos en prácticas ao caerlle encima un tubo de 500 quilos
O suceso tivo lugar esta mañá no polígono industrial de Sete Pontes.
As localidades de Vilalba e As Pontes están unidas hoxe pola traxedia despois de que un fatal accidente laboral acabase coa vida dun raparigo de 22 anos, natural do municipio pontés, nunha nave do polígono industrial Sete Pontes, na localidade lucense.
SUCESO
Os feitos ocorreron na mañá deste martes, ao redor das 12:15 horas, cando os operarios do 061 recibiron aviso de que nunha empresa de Vilalba tivera lugar un accidente laboral.
Concretamente, un tubo de gran peso, cun peso de media tonelada, caeu encima do mozo traballador, que estaba a realizar as prácticas nesta empresa de construción de maquinaria industrial.
Nin o resto dos traballadores do centro nin os equipos de emerxencias desprazados ao lugar, nun dispositivo no que participaron tanto axentes da Garda Civil e a Policía Local como efectivos de Protección Civil da localidade, puideron facer nada por salvar a vida do raparigo, confirmando o deceso.
Escribe o teu comentario