Expertos afirman que esta fonte de enerxía podería converter a España nunha potencia industrial a nivel mundial, aínda que tamén advirten do risco dos investimentos
As a plantar con novos eculiptos están en tres áreas. Unha, con maior extensión a zona norte do lago artificial creado sobre a mina de carbón. As outras dúas zonas, sitas máis ao sur, concretamente una ao norte do antigo vertedoiro da mina de extracción e outra ao sur da mesma.
Antes de que a Mesa de Análise de Resultados se reuna este martes, Ricardo Casas, vicepresidente do comité de empresa, explica para Galiciapress os pormenores das trabas que segundo a compañía energetica, conducen ao peche da planta. Uns impedimentos emendables, cando non directamente "falsos", ou directamente presentados como excepcionais cando estes xa existían durante a época do carbón. A pesar de todo, o peche agora empuxa ao éxodo a toda unha comarca.
A plataforma ‘Galiza Un Futuro Sen Carbón’ indica que o peche das Pontes, sumado ao de Meirama, supón “un enorme avance na descarbonización do sistema eléctrico galego”.
Ás críticas do alcalde das Pontes, o socialista Valentín González Formoso, súmase agora María Pena Purriños, concelleira de Industria, que nesta entrevista para Galiciapress reprocha a Endesa a súa actitude tras saltarse os procedementos pactados e pide á Xunta que teña moi presente a situación do municipio e da comarca para os proxectos tractores sobre os que virará a economía galega nas próximas décadas.
O peche da central térmica non pillou por sorpresa ao Concello das Pontes, que no último ano comprobou como a intención de Endesa non era outra que botarlle a chave á planta sen importar a súa viabilidade.
Ricardo Casas, vicepresidente do comité de empresa da central térmica das Pontes, atende a Galiciapress para profundar na realidade da factoría, que a día de hoxe subsiste cun persoal mermado e coa ameaza de despedimentos que pesa tanto sobre a central como sobre as empresas auxiliares. As alternativas industriais na zona, a tan ansiada transición enerxética xusta ou futuras protestas son outros dos temas desta conversación.
O comité de empresa da central térmica das Pontes denuncia unha vez máis os movementos de Endesa na planta e acusa á dirección de acometer un “desmantelamento camuflado”.
Galiciapress entrevista a Ana María Pena Purriños, concelleira de Industria das Pontes e, por tanto, encargada de bregar con Endesa sobre o peche da térmica e as posibles alternativas industriais, entre as que poderían estar dous grandes proxectos financiados cos fondos da UE para a recuperación.