Os transportistas desbloquean o acceso á central antiga térmica das Pontes tras o compromiso de Endesa

Alcanzaron un acordo que establece que nos tráficos que xurdan priorizarase a contratación dos antigos transportistas do carbón

|

O acordo alcanzado entre os traballadores do sector e Endesa é que se priorizará sempre a contratación dos antigos transportistas do carbón en caso de necesitar transportes. 


De igual maneira, sobre as auxiliares tamén se chegou a un principio de acordo para garantir o emprego nestas empresas ata o 30 de xuño.


Camións bloquenado o acceso á central térmica de Endesa nas Pontes


Bloqueo nas Pontes | Foto: EP


Os integrantes da Asociación de Transportistas do Carbón das Pontes (ATCAP) levantaron a última hora da tarde deste mércores, 24 de marzo, o bloqueo que mantiñan cos seus camións nos accesos á central térmica de Endesa nas Pontes.


Así o decidiron en asemblea tras trasladarlles o presidente desta asociación, 'Cholo' Bouza, o acordo alcanzado nunha reunión que mantiveron con responsables de Endesa.


Este acordo establece que nos tráficos que xurdan priorizarase a contratación dos antigos transportistas do carbón e que ademais manterán o diálogo para desta forma facilitar a ocupación do colectivo de transportistas e que no caso de que se realice o desmantelamento da central, serían estes os encargados de transportar os residuos xerados.


AUXILIARES

Por outra banda, os sindicatos CIG, UXT e CCOO tamén se reuniron con responsables da empresa eléctrica durante a mañá deste mércores para abordar a situación dos traballadores das empresas auxiliares. Chegaron a un entendemento que motiva que estes operarios non van continuar na empresa á finalización das súas xornada laboral, tal e como viñan facendo nas últimas semanas.


Deste xeito, Endesa garante o traballo das empresas auxiliares ata o 30 de xuño, mantendo a carga de traballo actual, e antes de chegar a esta data abrirase unha mesa de diálogo para tratar o escenario existente.


No caso de que se execute o desmantelamento destas instalacións, estes empregados terán prioridade de contratación e estes operarios tamén preferencia naqueles proxectos que se poñan en marcha na zona ao amparo da Bolsa de Transición Xusta do Ministerio de Industria, coa instalación de novos proxectos vinculados ás enerxías renovables.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE