Presunta fraude as oposicións da Seguridade Social podería salpicar tamén ás de Renfe e prisións

Testemuños de opositores de Vigo indican que era coñecida a existencia dunha rede que facilitaba pinganillos por 20.000 euros. Unha rede que xa actuaría nos exames para Institucións Penais en 2025, exames nos que, efectivamente, varios candidatos foron sorprendidos con pinganillos.


|

Fontes anónimas que se puxeron en contacto con Galiciapress  apuntan a que a presunta fraude nas oposicións á Seguridade Social non é un feito illado. Indican que existe unha rede que amañó outras convocatorias no pasado e estaban a preparar o amaño de máis. O epicentro da rede sería Vigo, onde se citarían aos involucrados, e o método de copia, un pinganillo.

 

Galiciapress tentou contrastar estas acusacións co Ministerio de Inclusión e Seguridade Social. A pesar de varias peticións, a Administración non respondeu.

 

De acordo aos testemuños solicitados por esta redacción, a existencia desta rede é coñecida hai tempo entre parte dos vigueses que están a preparar oposicións. Da contorna de Vigo serían moitos dos que, presuntamente, fixeron trampa e a un hotel desta cidade terían que acudir os interesados para efectuar o pago.

 “A fraude foi organizado por unha persoa chamada David que traballa en Renfe, xa realizou o mesmo procedemento a menor escala nunha oposición a penitenciarías”

“As 34 persoas copiaron mediante pinganillo a cambio de 20.000€”, aseguran antes de engadir que “a fraude foi organizado por unha persoa chamada David que traballa en Renfe, xa realizou o mesmo procedemento a menor escala nunha oposición a penitenciarías e ofrecía facer o mesmo nunha próxima oposición para Renfe”.

 

O testemuño gaña verosimilitud tendo en conta que, segundo confirmaron a Galiciapress  fontes sindicais, o ano pasado nas oposicións a Institucións Penais, grupo A2 na Complutense de Madrid, descubriuse a “un par de persoas” con pinganillo

 

Isto provocou que nos recentes exames a prisións este ano a Administración convocase a máis funcionarios para actuar como vixiantes. Esta vez, non se produciron incidencias. 

 

“A administración xa sabe desde hai meses que se utilizou pinganillo para copiar”, sinalan a esta redacción as fontes ligadas á preparación de oposicións en Vigo. Engaden que “supostamente unha persoa accedía con cámara e outra desde fóra retransmitía as respostas”.

 

Hai que ter en conta que nos últimos anos cada vez son máis fáciles de conseguir lentes que incorporan cámaras e conexión a Internet en modelos que a penas se diferencian dunhas lentes estándares. Un dos modelos máis populares son, por exemplo, as Rayban de Meta

 

A incorporación de microcámaras a dispositivos comúns complica o labor dos examinadores á hora de detectar que non se poden transmitir fose as preguntas. Con todo, é habitual que en oposicións masivas -como son as de Institucións Penais na única sede de Madrid- haxa dispositivos de inhibición de frecuencias.

 

O Ministerio de Seguridade Social non informou si nos exames no campus da Coruña o 13 de setembro había estes inhibidores. Alí examináronse os 25 opositores galegos que se coaron entre os 50 con mellores notas, a pesar de que Galicia achegaba, aproximadamente, só o 10% dos candidatos. Varios deses examinados lograron un “pleno”, acertaron todo, a pesar da dificultade do exercicio. Ao saír as notas, tal grao de galeguidade entre as mellores marcas suscitou as primeiras denuncias. 

 

Ante a evidencia de que algo puido pasar, o Ministerio presentou unha denuncia á Fiscalía e abriu unha investigación interna, sobre a que non deu detalles.

 

O Partido Popular ha demandado, mediante unha pregunta no Congreso, presentada a semana pasada, coñecer as conclusións desa auditoría interna. Os conservadores tamén piden saber se a Administración adoptou medidas extra para protexer 

 

Pinganillos e detector de dispositivos nunha foto de examenseguro

 

Escáneres no acceso ás oposicións

Algúns entes públicos si parecen estar a reaccionar. Por exemplo, a UNED ten en marcha un programa piloto para escanear aos examinados á entrada. Dispositivos como o que xa se está utilizando en Ourense permiten, en teoría, detectar calquera dispositivo tecnolóxico que porte o candidato, aínda que estea apagado, como un pinganillo. 

 

Hai anos que existen no mercado estas tecnoloxías de detección de frecuencias. O seu prezo varía moito segundo a súa potencia, entre os 1.000 e os 13.000 euros aproximadamente. 

 

Dado o escándalo, a Seguridade Social ha suspendido por agora a toma de posesión dos aprobados, á espera do resultado da investigación. 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE