O cribado das Pontes, no que participou o 96% das case 1.500 persoas citadas, descobre 23 positivos
Isto significa que na localidade o ínidice de positividade foi do 1,28%, moi na liña dos porcentaxe que lanzan cribados similares.
Con todo, este cribado destaca especialmente pola alta afluencia de veciños, xa que menos do 4% dos chamados a facerse a PCR non asistiron á análise.
O cribado realizado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) no municipio coruñés de As Pontes de García Rodríguez, no que participaron case 1.500 persoas, desvelou un total de 23 casos de coronavirus --unha positividade do 1,28%--.
Así o informa a área Sanitaria de Ferrol, que ademais indica que das 1.525 persoas que estaban citadas a participar nas probas, desenvoltas entre o mércores 9 e o domingo 13 de decembro, acudiron 1.472, polo que a participación é do 96,47%.
O municipio das Pontes, que leva desde principios de decembro coas máximas restricións decretadas polo Sergas --entre elas, o peche perimetral--, rexistrou nos últimos 14 días un total de 125 casos de covid-19, unha cifra mesmo maior que a da cidade de Ferrol --115 positivos nas últimas dúas semanas.
Escribe o teu comentario