Todo a punto para que arrinque A Volta Ciclista feminina este domingo desde Marín
A Garda Civil garantirá a seguridade das corredoras nesta proba.
A Volta Feminina arrinca este 3 de maio nunha nova edición da proba ciclista pola que as corredoras tratarán de facerse coa camisola de campioa. En Marín, onde arrinca a proba este domingo, está todo listo e disposto para unha semana de competición que concluirá o próximo 9 de maio en L'Angliru.
DISPOSITIVO DE SEGURIDADE
Para garantir o correcto desenvolvemento da proba e garantir a seguridade das participantes, será un dispostivo da Unidade de Mobilidade e Seguridade Viaria, integrada por 45 gardas civís de Tráfico, a que se encargará dos perceptivos controis.
Os motoristas da Agrupación de Tráfico serán os encargados de sinalizar, mediante bandeiras, a situación da vía aos usuarios. Desta forma, a cor amarela indica precaución e os usuarios deberán extremar a atención e buscar un lugar seguro para deter. A bandeira vermella prohibe a circulación, xa que o pelotón se atopa próximo, mentres que a bandeira verde sinala o final da proba, permitindo renovar a marcha con normalidade.
Desde a Garda Civil instan os cidadáns a seguir de maneira estrita as indicacións dos axentes, respectar a sinalización provisional, non modificar os sinais do trazado nin invadir a calzada nos lugares delimitados con cintas, nin moito menos molestar ás corredoras.
Escribe o teu comentario