Muller que apareceu ferida na rúa acaba morrendo na PAC de Portonovo
Os sanitarios de Baltar non puideron salvarlle a vida á muller,que aparició tirada, seminosciente e con feridas no paseo marítimo. A Garda Civil investiga o estraño suceso.
Unha muller faleceu este martes no municipio pontevedrés de Sanxenxo, horas despois de aparecer ferida nunha travesía de Portonovo.
Segundo informaron fontes municipais, a muller, de 54 anos, foi achada esta mañá ferida e semiinconsciente na Travesía Areal de Portonovo, onde residía.
Nun primeiro momento foi trasladada ao momento de Atención Continuada (#PAC) de Baltar, onde faleceu horas despois.
Informan de que a Policía Local e a Garda Civil investigan os feitos.
Escribe o teu comentario