“Filomena probou que as térmicas son necesarias, España necesita un baño de realidade", di o alcalde das Pontes

O peche da central térmica non pillou por sorpresa ao Concello das Pontes, que no último ano comprobou como a intención de Endesa non era outra que botarlle a chave á planta sen importar a súa viabilidade.


|

peche da central térmica non pillou por sorpresa ao Concello das Pontes, que leva anos pelexando por manter vivo o principal motor económico da comarca. Con todo, Endesa pechou onte todas as portas que as administracións lograran manter abertas con moito esforzo.


O alcalde da localidade e presidente da Deputación coruñesa, o socialista Valentín González Formoso, reprocha a Endesa a súa actitude e ampararse nun informe “cheo de falsidades e excesos”. A alternativa para o municipio é achar novas oportunidades industriais nun país “dependente do gas natural estranxeiro”.


O presidente da Deputación da Coruña, Valentín Formoso, en rolda de prensa

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso


A de Endesa é unha noticia que desde o goberno pontés levaban temendo e esperando “desde hai un ano”, cando a compañía deixou entrever por primeira vez que non era partidaria de facer as probas para tratar de manter a actividade na antiga central térmica. “Tivo que ser a presión social, do Concello das Pontes, da Xunta e do Ministerio de Transición Ecolóxica a que fixo recular e asumir a celebración das probas para buscar unha alternativa nos biocombustibles”, lembra González Formoso.


Neste tempo, o alcalde e presidente da Deputación da Coruña advirte que Endesa enviou distintos sinais sobre a súa inclinación para pechar a planta sen importar os resultados, algo  que González Formoso interpretou como “unha tomadura de pelo”.


ENGANOS DE ENDESA

Así, as negativas de Endesa a operar con biocombustibles ou a substituír o carbón por gas natural eran mostras inequívocas dunha decisión tomada desde hai tempo, algo que para o rexedor da localidade referendouse “co traslado de persoal a outros emprazamentos antes de saber se a central era ou non viable”.


“Non nos colle por sorpresa, levabamos tempo denunciando esta situación”, lamenta González  Formoso, que avanza novas reunións nos próximos días cos actores implicados que teñen unha lectura das probas radicalmente distinta á deslizada no informe de Endesa, que chega con varias semansas de atraso como denunciaba o comité de empresa para este medio hai escasos días.


“Entendemos que Endesa tome as súas decisións como empresa privada, algo que temos que respectar aínda que non compartamos, pero en calquera caso sen enganos á sociedade á que lle debe tanto”, reprocha o alcalde, que pide franqueza e honestidade á compañía enerxética. “Non é necesario enganar á sociedade cun informe cheo de falsidades e excesos”, critica  


Agora, o futuro máis inmediato pasa por buscar alternativas industriais, como a posibilidade da construción dunha fábrica de viscosa, para unha zona deprimida e que languidece sen a actividade na antiga central térmica, da que dependen tantas familias non só polos empregos directos, senón polos transportistas e auxiliares que tamén estiveron nos últimos meses pendentes da decisión de Endesa, cuxos plans pasan agora por unha aposta na enerxía eólica.


“ACORDARÉMONOS DAS CENTRAIS ESTABLES E GARANTISTAS”

Un peche o das Pontes que chega poucos días despois de que a propia central demostrase a súa importancia durante a borrasca ‘Filomena’ que provocou un aumento na demanda de enerxía e obrigou a retomar a actividade nos grupos da central ás alancadas. “A estratexia enerxética deste país necesita un baño de realidade. Filomena acaba de demostrar que as centrais de carbón son necesarias, aínda que loxicamente cun papel auxiliar, e que son necesarias unha vez producida a súa transformación que as faga sostibles ambientalmente”


“Nosa dependencia do gas natural, do gas ruso, alxerino ou árabe en xeral fainos ser un país máis dependente, máis débil, con menos diversificación enerxética e moi atrevido nas súas decisións enerxéticas, o que conleva a que poida ocorrer un apagamento perfectamente que faga que nos acordemos daquelas centrais estables, garantistas e que achegaron tanto ao sistema eléctrico nacional”, sentenza González Formoso. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE