Segue en directo a moción de censura contra Mariano Rajoy

Rajoy pon en cuestión o fallo sobre Gürtel, presumindo de que "a sentenza non é firme nin é unánime". Antes, Ábalos (PSOE), presentou  "unha mocion de censura para defender a Constitución,recuperar a normalidade, para sacar a corrupción, para falar de dereitos, de precariedade". Mentres, todos pendentes do PNV.


|

O Congreso dos Deputados debate este xoves e venres a moción de censura contra o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, presentada polo PSOE tras a condena ao PP como partícipe a título lucrativo da trama Gürtel e que propón como candidato para presidir o Executivo ao socialista Pedro Sánchez.



Mariano rajoy congreso mocion de censura


O debate comeza con a defensa da proposta, sen límite de tempo, por parte dun dos deputados que asinan a iniciativa, e, a continuación, tamén sen límite de tempo, pode intervir o candidato á Presidencia proposto na moción para que expoña o programa político do seu hipotético Goberno.


Despois é a quenda dos portavoces dos distintos grupos parlamentarios, que teñen trinta minutos para intervir e dez minutos de réplica. Despois, procédese á votación.


Este é o vídeo oficial do sinal do Congreso dos Deputados. A narración e as reaccións ao argumentado desde a tribuna pódense seguir en esta crónica actualizada de Catalunyapress.


relacionada As dúbidas do PNV sobre a moción poñen a Rajoy na corda frouxa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE