moción de censura a Rajoy

Eleccións xerais: unha nova oportunidade para o cambio en Galicia

Deputados de En Marea na pasada legislaturaLa nova aritmética parlamentaria xurdida da moción de censura presentábase aos/as parlamentarios/as galegos/as como unha oportunidade única na presente democracia de influír decisivamente no goberno español para que se reverteron as políticas centralistas de sempre e para, por caso, negociar “unha axenda galega”.

Día chave para coñecer o futuro de Feijóo e a presidencia da Xunta

A pesar da hipoteca que supón as fotos con Marcial Dorado, o presidente do PP de Galicia é o favorito para substituír a Rajoy. De marcharse para Madrid, Feijóo debería triunfar nun Congreso Extraordinario -que se aprobará hoxe- a finais de xullo.

Estes son os apoios de Feijóo para liderar o PP e deixar a Xunta

O aparello do PP estatal xa ten candidato para suceder a Rajoy. O presidente da Xunta sumou estes días numerosos apoios, polo menos entre liñas, dos poucos que se atreven falar. Entre outros, os de Esperanza Aguirre, o da presidenta do PP cántabro, o portavoz do PP no Senado, Margallo, un presidente rexional ou, mesmo, o PNV. Salvo sorpresa maiúscula, Feijóo volverá a Madrid deixando un substituto en San Caetano.

O PNV e Margallo apoian a Feijóo como substituto de Rajoy

El di que non compite nesa carreira, pero Alberto Nuñez Feijóo segue sumando apoios para ser o líder do PP en España. Aínda que é certo que algún dos recibidos hoxe, como o do ex-ministro de Exteriores Margallo e o do líder do Partido Nacionalista Vasco, poden xogar na súa contra. Á fin e ao cabo, Margallo é un dos poucos versos soltos do PP e o PNV o verdugo de Mariano Rajoy.

Unha galega soa como probable ministra no novo goberno de Pedro Sánchez

Pedro Sánchez xa presentou un goberno. Ben máis ben un goberno na sombra. Foi no verán de 2016 na precampaña electoral, un gabinete para un cambio que os electores descartaron. E nel había unha ministra galega.

Feijóo, sobre a súa posible marcha a Madrid: "Estou a disposición do partido, pero de Galicia"

O líder do PP galego é o preferido de moitos para facerse coas rendas do PP estatal se Rajoy renuncia. Feijóo sábeo, pero por agora di que hai que esperar á decisión do xa ex-presidente e que o seu compromiso é coa autonomía.

Ao tempo

Hai que botarlle boa fe e sobre todo, moita inxenuidade, para crer no futuro da estabilidade política en España, tras a moción de censura.

Pedro Sánchez gaña a Rajoy

Pedro Sánchez gañou a moción de censura a Mariano Rajoy. O que lle leva directamente a ocupar as dependencias de Moncloa, como presidente do goberno español. Isto  foi  posible grazas a os os votos  de Podemos e os partidos nacionalistas e independentistas.

Revilla cre que Rajoy dimitirá se PNV apoia a moción e PP propoñerá a Núñez Feijoo como candidato
O presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla (PRC), cre que o PNV se decantará por apoiar a moción de censura e prognostica que, se isto confírmase, Mariano Rajoy, "probablemente", dimitirá antes de que se vote e o PP propoñerá "a outro galego" como candidato para sucederlle á fronte do Executivo central, no que parece unha clara alusión ao titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.
Segue en directo a moción de censura contra Mariano Rajoy

Rajoy pon en cuestión o fallo sobre Gürtel, presumindo de que "a sentenza non é firme nin é unánime". Antes, Ábalos (PSOE), presentou  "unha mocion de censura para defender a Constitución,recuperar a normalidade, para sacar a corrupción, para falar de dereitos, de precariedade". Mentres, todos pendentes do PNV.

O si do PNV á moción a Rajoy dispara as quinielas sobre o futuro de Feijóo

A dirección nacionalista vasca comunicou ao Goberno que votará a favor da moción de censura presentada por Pedro Sánchez. Mariano Rajoy podería dimitir para forzar eleccións, o que deixaría vacante en principio o liderado do PP a nivel estatal. Un posto para o que o presidente da Xunta é, en teoría, o mellor colocado. De feito o presidente de Cantabria xa o propuxo. Vídeo en directo do debate.

As dúbidas do PNV sobre a moción poñen a Rajoy na corda frouxa

Un día antes de que arrinque o debate, o Executivo do PP non ten ningunha garantía de que os nacionalistas vascos vaian rexeitar esa moción de censura.

Rajoy baralla adiantar as eleccións para que coincidan coas locais

Mariano Rajoy parece disposto a non dar un paso atrás e non pensa dimitir, pero xa non descarta adiantar eleccións se non prospera o intento de Pedro Sánchez para botalo da Moncloa. 

O PP galego cre que ninguén pode dubidar que Rajoy é honrado e a oposición pide a súa cabeza

O paso adiante de Pedro Sánchez presentando unha moción de censura marca tamén a vida política galega. O PSdeG, loxicamente, pide a marcha de Rajoy, como tamén fai Martiño Noriega -un dos alcaldes das mareas- e o BNG -que lembra os orixes galegas da Gürtel. No PP galego, pola súa banda, hai certa ambibalencia. Por unha banda defenden ao seu líder pero por outro admiten que o partido debe pedir desculpas. 

España, un país xudicializado

Cando un país xudicializa a súa política expóñense os dirixentes que o promoven a resultados imprevisibles na súa gobernabilidade.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE