Feijóo, sobre a súa posible marcha a Madrid: "Estou a disposición do partido, pero de Galicia"

O líder do PP galego é o preferido de moitos para facerse coas rendas do PP estatal se Rajoy renuncia. Feijóo sábeo, pero por agora di que hai que esperar á decisión do xa ex-presidente e que o seu compromiso é coa autonomía.


|

O líder do PP galego é o preferido de moitos para facerse coas rendas do PP estatal se Rajoy renuncia. Feijóo sábeo, pero por agora di que hai que esperar á decisión do xa ex-presidente e que o seu compromiso é coa autonomía.


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apelou a esperar ata o Comité Executivo do próximo martes para "escoitar" ao seu xefe de filas e xa expresidente do Goberno, Mariano Rajoy. Así, entende que a súa opinión é "determinante" para "ver" que é o "mellor" que pode facer o Partido Popular "polo país" e "para ter unha alternativa a un goberno" --o de Pedro Sánchez-- que, segundo as súas palabras, é "absolutamente inviable".


Feijóo, tras a reunión semanal do seu Goberno

FAVORITO PARA LIDERAR O NOVO PP
Feijóo, quen figura en todas as quinielas como un dos mellores posicionados para suceder a Rajoy, foi preguntado este venres polo seu futuro político, ante o que respondeu que "todo o mundo sabe" que é "o presidente da Xunta". 


"Que quédanme dous anos de mandato e que o meu compromiso é cumprir coas miñas obrigacións como presidente da Xunta, que é ser representante do Estado na Comunidade. Espero e desexo cumprir o meu mandato e o meu compromiso", agregou.

Finalmente, preguntado acerca de se está a disposición do partido, o presidente autonómico respondeu que o "presente acaba de empezar esta mañá" e, tras criticar de novo o goberno "inviable" de Pedro Sánchez, sentenciou: "Eu estou a disposición de Galicia e do partido, pero de Galicia".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE