Así o prometeu o presidente da compañía tras unha reunión co presidente da Xunta en Santiago.José Bogas non concretou que alternativa baralla Endesa para seguir operando nas Pontes.
A fenda entre a estratexia de Alberto Nuñez Feijóo e Pablo Casado farase máis fondaaínda máis hoxe. O líder do PP estatal xa filtrou que propoñerá a Cayetana Álvarez de Toledo como portavoz no Congreso na Xunta Directiva Nacional que se celebra en Xénova.
O seu belixerante perfil non cadra coa estratexia de enarborada desde Galicia. Feijóo aspira a repetir como presidente de la Xunta e para logralo sabe que necesita presentar ao partido como unha opción moderada.
O mandatario galego, nada proclive a admitir erros, recoñece que se equivocaron na planificación de prazas de pediatras e médicos de familia, pero inmediatamente culpa ao Ministerio de Sanidade. Ademais, asegura que a desconvocatoria da folga en Atención Primaria non implica que necesariamente haxa máis diñeiro para médicos de familia.
A oposición cuestiona o motivo real da viaxe do presidente a Estados Unidos. Desde a Xunta insisten en que, sobre todo, trátase de captar turistas para o Xacobeo 2021 e facer contactos de negocios.
O líder galego segue dando síntomas de que está incómodo co cortexo de Pablo Casado a Vox. Fronte a outros mandatarios -por exemplo a candidata en Madrid- que defenden a proximidade cos de Abascal, Feijóo insiste en que non deben facerlle o xogo á "ultradereita de verdade" e admite que no PP hai diferenza de opinións.
O discurso do presidente en Debate de Estado de Autonomía suscita críticas en todos os outros grupos. Para En Marea é unha fábula que escapa dos problemas como os recortes sanitarios. Para o PSOE é un optimista incapaz de aceptar a man tendida de Pedro Sánchez. Para o Bloque é un "profeta da postverdad" que aínda ten a mente en irse a Madrid.
Analizamos as claves do Debate máis importante do ano no Parlamento. O líder do PP probablemente anunciará algunha baixada de tributos para marcar distancia coas subidas anunciadas desde o Estado. A oposición reprocharalle a súa insistencia en meterse en debates estatais no canto de centrarse nun goberno que ven esgotado.
Nunha entrevista tras a manifestación dos traballadores dos medios públicos contra a "manipulación" gobernamental, o presidente da Xunta asegura que o non pon nin quita presentadores do Telexornal. Tamén admite que Mato e Rey Varela poden saír do Goberno pronto e critica o labor do Concello de Vigo en O Marisquiño.
Mariano Rajoy empeza a moverse para evitar que un home de Aznar xestione a súa herdanza. Presións que por agora non inflúen en Feijóo. Entre liñas, o galego volve deixar ver as súas querenzas por quen poida derrotar a Soraya.
Os galegos votan maioritariamente ao PPdeG. Para as súas primarias só se apuntou a votar o 4,5% dos militantes. O resultado de combinar estes dous ingredientes é que hoxe nas primarias do PP, case a metade dos electores galegos ten algunha responsabilidade remunerada dalgún modo no sector público. O seu líder, Alberto Nuñez Feijóo segue sen mollarse.
A explicación oficial é por compromiso con Galicia, a explicación que máis se comenta nos círculos políticos -tamén nos do PPdeG- é o medo ao lume amigo que probablemente sacou á luz as fotos co narco.
As fotos de Marcial Dorado e a imputación dun amigo na Operación Zeta son as principais sombras dunha carreira política que el mesmo dirixiu durante anos -con frecuentes viaxes á capital e forte presenza mediática nas cabeceiras madrileñas- a ascender á area estatal, ambición que abandona a última hora -cando tiña todo a favor- argumentando que non ten outra aspiración que servir a Galicia.
Alberto Nuñez Feijóo leva días recibindo presións para que non dea o salto a Madrid, tanto en privado como a través dalgúns medios de comunicación, medorentos do que o PP galego perda o poder sen o seu gran cartel electoral. Agora ben, cada vez son máis numerosas as voces do PP estatal que lle animan a presentarse, augurando a súa vitoria, e advertindo que o partido de pode partido pódese partir en dous se non o fai. Mentres, o galego cala; como cala Soraya, din que esperando que Feijóo mova ficha primeiro.