​Un novo capítulo ou un punto aparte na política galega?

Manoel Barbeitos
Economista


El presidente del partido del PP, Alberto Núñez Feijóo, tras su intervención en el segundo y último día del congreso del PP en la que Alberto Núñez Feijóo sale como nuevo presidente del partiEl presidente del partido del PP, Alberto Núñez Feijóo.


Os ruídos dos tambores de guerra que veñen de Ucraína, o interminable trastorno provocado pola pandemia da Covid-19 e o grande impacto que a infinita avaricia dos oligopolios está tendo sobre os prezos dos produtos de primeira necesidade (carburantes, electricidade, alimentos...) fan que un acontecemento político de primeira magnitude, como é o relevo na presidencia do goberno galego, estea

recibindo unha atención política, mediática e cidadá menor do que sería mester.


Unha das razóns desta tranquilidade hai que buscala, en contra de moitas opinións, dentro da propia personalidade e peso político do aínda presidente da Xunta de Galicia. Sen restarlle



méritos ben gañados, devolver a presidencia do goberno galego ao Partido Popular de Galicia e mantela co apoio de maiorías absolutísimas durante trece anos, pódese afirmar que foi sempre unha presidencia politicamente menor. 


Basta con comparar o perfil e a talla de estadista do señor Núñez Feijóo co anterior presidente popular, o señor Fraga Iribarne: non hai comparación posible. O baldeiro que deixou Fraga na política galega non o vai deixar Feijóo -claro que no campo das esquerdas tamén sucedeu 

algo semellante: o baldeiro deixado polo señor Beiras segue, ao día de hoxe, sen estar 

cuberto-. Unha evidencia que, en principio, debería permitir unha transición tranquila. Un punto e aparte na historia política galega que só o propio Partido Popular de Galicia podería 

converter nun novo capítulo.


Porque tampouco semella que vaia haber grandes sorpresas en canto á sucesión, a pesar das 

lóxicas internas movidas para mellorar as posicións nos órganos de poder do PPdeG. 

Aínda que nalgúns círculos políticos e de opinión apareza o nome da señora Ana M. Pastor, Vicepresidenta segunda do Congreso de Deputados e política cunha ampla experiencia, non 

parecería que esta quiniela toque, entre outras razóns, porque seguramente a propia afectada non estea interesada en dalo salto e presentar batalla. Aínda que en política todo pode suceder, a aposta mais segura apunta a que sexa, a pesares de ter en contra á prensa coruñesista, á do señor Alfonso Rueda, actual Vicepresidente primeiro e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo.


As razóns que o avalan están moi claras: a súa longa traxectoria como delfín do señor Feijóo e a sensación de continuidade, de transmisión tranquila que daría o seu nomeamento. Asemade ó señor Nuñez Feijóo, non se pode permitir deixar atrás un barullo político tal que 

prexudique a súa imaxe e lle reste nas súas aspiracións a optar á presidencia do Goberno de España.


Dado o estado de debilidade comparativa na que se atopa a oposición galega (BNG, PSdeG/PSOE, UP), non parece arriscado afirmar que o relevo ao fronte da Xunta de Galicia será só un punto e aparte na actual política galega. Un punto e aparte deica as vindeiras eleccións

municipais que, seguramente, se celebrarán en maio do 2023, cando se cumpran catro anos das últimas. Unhas eleccións que poden marcar un novo capítulo no reparto do poder político en Galicia: hai precedentes históricos. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE