Cando continua o goteo de casos de corrupción por actividades pasadas (Gurtel), ao tempo que aparecen outros máis (un novo pelotazo madrileño polo reparto de comisións millonarias na venta de máscaras), tamén con destacados responsables do Partido Popular implicados (señora Ayuso e señor Almeida), a reacción do señor Feijóo é a mesma ca que tivo o señor Rajoy fronte a corrupción ("ese señor do que vostede me fala"). A mesma reacción tívoa fronte as fundadas sospeitas dun trato de favor na adxudicación de decenas de contratos por parte da Xunta de Galicia a unha sociedade onde traballa unha familiar moi próxima. A actitude de mirar para o outro lado: nada novo na equipaxe. Finalmente, quería subliñar que non deixa de producir certa sorpresa que, nos seus primeiros movementos en materia de política internacional, o candidato adopte unha posición política semellante á do señor Casado que consistiu en criticar sistematicamente ao Goberno nas instancias e foros internacionais. Unha posición que, como é ben sabido, resta credibilidade tanto en Europa como cuestiona a talla de estadista de quen a mantén. Velaí algunhas das razóns que nos levan a subliñar por que na súa nova etapa política, agora como líder da dereita española, o señor Feijóo está a aparecer como un político lixeiro de equipaxe.
Un punto e aparte na historia política galega que só o propio Partido Popular de Galicia podería converter nun novo capítulo.Porque tampouco semella que vaia haber grandes sorpresas en canto á sucesión, a pesar das lóxicas internas movidas para mellorar as posicións nos órganos de poder do PPdeG. Aínda que nalgúns círculos políticos e de opinión apareza o nome da señora Ana M. Pastor, Vicepresidenta segunda do Congreso de Deputados e política cunha ampla experiencia, non parecería que esta quiniela toque, entre outras razóns, porque seguramente a propia afectada non estea interesada en dalo salto e presentar batalla. Aínda que en política todo pode suceder, a aposta mais segura apunta a que sexa, a pesares de ter en contra á prensa coruñesista, á do señor Alfonso Rueda, actual Vicepresidente primeiro e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo.
A coordinadora considera que a proposta dos de Noriega deixaría as decisións de En Marea en mans de "unha sorte de aristocracia política"
En conversación con Galiciapress, a portavoz de Ciudadanos en Galicia, Olga Louzao, fixo unha valoración sobre a decisión de Núñez Feijóo de non presentar a súa candidatura para presidir o Partido Popular estatal e da "crise engadida" na formación pola sentenza da Gürtel
O actual presidente da Xunta non desmentiu a súa candidatura, e insistiu en que o seu futuro o revelará en "un acto convocado exclusivamente como Partido Popular". Feijóo mantén así a incerteza mentres crecen as sospeitas acerca do seu novo cargo.
A ex ministra de Medio Ambiente deixará o seu cargo no Consello de Seguridade Nuclear (CSN), onde chegou en 2013 tras deixar o seu escano.
O novo presidente deberá abordar o Plan Estratéxico para a empresa que está a ser impulsado por SEPI.
Un grupo de académicos críticos faltará ao pleno no que se vota a candidatura | Freixanes, único candiato, necesita polo menos 15 apoios para ser elixido en primeira volta.
Advirte que limitar mandatos é "impropio" a un sistema democrático | Di "preferir" para a secretaría xeral do PSOE un candidato "con experiencia de goberno".
A RAG celebrará o martes, 28 de marzo, o pleno extraordinario no que se escollerá a presidencia e a nova directiva.
Formalizou a súa candidatura, que xustifica por "un liderado que emerxa desde a base da cidade fronte a un partido sucursalista e con vocación de franquía de Santiago".
Este venres pechaba o prazo oficial de aspirantes, mentres a elección do líder da patronal galega votarase o próximo venres, 27 de xaneiro.