Feijoó deixa entrever que se presentará como candidato a liderar o Partido Popular estatal

O actual presidente da Xunta non desmentiu a súa candidatura, e insistiu en que o seu futuro o revelará en "un acto convocado exclusivamente como Partido Popular". Feijóo mantén así a incerteza mentres crecen as sospeitas acerca do seu novo cargo. 


|


Feijoo rajoy paternidade


O titular da Xunta e presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, segue haciendose de rogar. Este mércores ha insistido que o seu futuro no Partido Popular e, polo tanto, se relevará a Mariano Rajoy ou non, revelarase en "un acto convocado exclusivamente como Partido Popular". Crecen así as conxecturas sobre o seu novo cargo no partido, ao non desmentir xa a súa candidatura. 


O mandatario autonómico retomou despois de dous días sen actos institucionais a súa axenda presidencial na Coruña e respondeu así as preguntas dos xornalistas sobre cando dará a coñecer o seu futuro e se se presentará como candidato para liderar a dirección nacional do partido.

"Este é un acto do Goberno de Galicia e non podo mesturar axendas", contestou ás preguntas que lla formularon a este respecto, coincidindo coa súa presenza na entrega das bandeiras azuis aos municipios que obtiveron a distinción este ano.

Así, insistiu en que a súa presenza obedecía á súa condición de "presidente de Galicia" e non "á de militante do PP". Por outra banda, remitiuse aos prazos do congreso extraordinario do partido e da presentación de precandidatos, establecidos entre o 18 e o 20 de xuño.

PRAZOS
"Os prazos están para cumprir e todo se fará con normalidade", aseverou Feijóo, quen subliñou que "diga o que diga" non o vai a anunciar nun acto como presidente da Xunta.

"Diga o que diga e cando o diga, direino nun acto convocado exclusivamente como Partido Popular", resolveu ao ser preguntado ata en dúas ocasións por esta cuestión.

Á saída da xunta directiva do PP nacional o pasado luns, o dirixente popular xa advertira de que respectará os prazos que se fixaron para o proceso congresual e afirmou que tomaría a súa decisión con "responsabilidade", dada a súa "dobre" condición de militante e de presidente da Xunta.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE