Antón Arias, único candidato por "sorpresa" a presidir a CEG
Este venres pechaba o prazo oficial de aspirantes, mentres a elección do líder da patronal galega votarase o próximo venres, 27 de xaneiro.
Díaz-Eimil nunha foto de arquivo da Consellería de Cultura co por entón titular de Educación, Jesús Vázquez // www.edu.xunta.gal
Antón Arias Díaz-Eimil foi o único candidato que se presentou para concorrer ao proceso electoral para presidir a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), que este venres pechaba o prazo oficial de aspirantes, mentres a elección do líder da patronal galega votarase o próximo venres, 27 de xaneiro.
Diso informou o secretario xeral en funcións da CEG, Jaime López, que apuntou que a candidatura de Antón Arias foi unha "sorpresa".
Preguntado sobre se é o aspirante de consenso que as vicepresidencias provinciais da patronal acordaran buscar, López apuntou que ese consenso deberase gañar agora "día a día", aínda que avalou a "bagaxe" deste candidato.
Antón Arias Díaz-Eimil presentouse co aval da Confederación de Empresarios da Coruña --onde é vicepresidente primeiro--, e estivo á fronte da da Asociación Provincial de Empresarios da Construción da Coruña, así como da Federación Galega da Construción.
Escribe o teu comentario