Ciudadanos sobre Feijóo: "O compromiso xa era Galicia fai quince días"

En conversación con Galiciapress, a portavoz de Ciudadanos en Galicia, Olga Louzao, fixo unha valoración sobre a decisión de Núñez Feijóo de non presentar a súa candidatura para presidir o Partido Popular estatal e da "crise engadida" na formación pola sentenza da Gürtel


|

A portavoz de Cidadáns en Galicia, Olga Louzao


Alberto Núñez Feijóo anuncio este luns que seguirá sendo o presidente da Xunta de Galicia e renuncia a presentar a súa candidatura para presidir o Partido Popular estatal. Unha decisión que, tras varios días de espera, sorprendeu á maioría.


Este martes, a portavoz de Ciudadanos en Galicia, Olga Louzao, referiuse á resolución de Núñez Feijóo en declaracións a Galiciapress. Louzao falou dunha "decisión persoal" onde cada un "ten que valorar os pasos que quere dar". "El xa deu as explicacións oportunas", considerou a tamén portavoz da formación laranxa no Concello de Lugo, e engadiu que a será o PP quen se encargue de estudalas. 


"Sorprendeunos, iso si, que Feijóo tardase tantos días en dar esta resposta cando as razóns que esgrimiu onte eran que o seu compromiso era Galicia", declarou Louzao. En conversación con este diario a portavoz de Ciudadanos confesou que a espera foi longa: "entendemos que o compromiso xa era Galicia fai quince días"


Así as cousas, ante o anuncio do presidente da Xunta, e sobre o futuro do popular, non se pronuncia firmemente. "El terá que valorar se se quere seguir presentando", declarou Louzao, deixando claro, iso si, que as cousas cambiaron. "Está claro que a situación do Partido Popular tanto a nivel nacional como en Galicia non é a mesma que nas anteriores eleccións autonómicas", advertiu a portavoz laranxa, "e xa se vislumbra que a situación vai cambiar, que vai vir unha época de cambio e que tamén afectará, entendemos, dunha forma clara ao Partido Popular en Galicia". 


Achega do futuro do partido a nivel estatal, Louzao valorou o curto prazo como "unha nova disputa interna do Partido Popular", xa que, fóra do habitual, hai varias candidaturas para presidir o partido. En conversación con Galiciapress, a portavoz de Ciudadanos en Galicia destacou a "crise engadida" que supuxo a sentenza da Gürtel e que levou a Mariano Rajoy a dimitir do seu cargo na formación.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE