Falece un mozo nun accidente de coche en Lugo
O suceso produciuse minutos antes das 11.00 horas desta xornada no punto quilométrico 7,500 da LU-P-2902, que une Lugo coa ponte de Ombreiro
Un mozo de 23 anos faleceu este sábado e unha persoa resultou ferida tras unha saída de vía pola marxe esquerda e posterior envorco do vehículo en Lugo.
O suceso produciuse minutos antes das 11.00 horas desta xornada no punto quilométrico 7,500 da LU-P-2902, que une Lugo coa ponte de Ombreiro.
A consecuencia do impacto, o condutor do vehículo, un Peugeot 307, resultou ferido e foi trasladado polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, e o copiloto perdeu a vida.
Até o punto tamén se desprazou a Garda Civil de Tráfico.
Escribe o teu comentario