Veciños reclaman a varios municipios que se declaren libres de eólicos

O venres haberá debate sobre isto no pleno de Ordes, pero a Plataforma crítica cos muíños aspira a trasladar o debate a outros municipios de Galicia.


|

O venres haberá debate sobre isto no pleno de Ordes, pero a Plataforma crítica cos muíños aspira a trasladar o debate a outros municipios de Galicia.


Alfanar

Alfanar Group ten un acordo con Green Capital Group para construír eólicas


A Coordinadora contra a Implantación de Parques Eólicos na Comarca de Ordes chama a todas as forzas políticas municipais con representación en ese Concello para que exerzan "con responsabilidade as súas funcións e no pleno municipal que terá lugar este venres, 1 de xuño, ás oito da tarde, declárese por unanimidade este Concello como libre de parques eólicos".


CAPITAL SAUDITA

Tal  e como adiantou Galiciapress, Green Capital Power aspira a construír unha serie de parques eólicos en Galicia ao amparo da nova normativa, que os ecoloxistas bautizaron como Lei de Depredación de Galiza. A empresa do xenro de Florentino Pérez conta con capital saudita para lanzar os proxectos de Ardemil, Monte Inxerio, A Pobra, Gasalla e Lavandeiras.


Para opoñerse a eles, din que os parques non cumpren "as obrigacións de distancia de 500 metros dos núcleos rurais". A Plataforma pide que Frades, Mesía, Ordes e Oroso  leven a pleno textos tamén contra as estacións.


Na súa opinión, urxe reformar xa o Plan Eólico de Galicia e que a Consellería de Economía, Emprego e Industria elimine estes concellos do citado Plan. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE