Endesa promete "unha actividade industrial similar" nas Pontes

Así o prometeu o presidente da compañía tras unha reunión co presidente da Xunta en Santiago.José Bogas non concretou que alternativa baralla Endesa para seguir operando nas Pontes.


|

Endesa prometeu estudar alternativas para manter aberta a central ou polo menos a actividade industrial en  As Pontes de García Rodríguez. Así o adiantou o presidente da compañía tras unha reunión co presidente da Xunta en Santiago.


Varias persoas, unha cun chaleco de 'Endesa', observan unha caravana de automóbiles e camións mobilizada pola paralización da central térmica de Endesa en de As Pontes diríxese desde esa l

Unha pasada mobilización dos camioneiros que traballan para Endesa colapsando o tráfico na Coruña


José Bogas non concretou que alternativa baralla Endesa para seguir operando nas Pontes. Limitouse a prometer analizar escenarios.


Tras a reunión, Bogas aludiu a o "compromiso absoluto" da filial da italiana ENEL coas Pontes e así  "traballar para atopar solucións que poden permitir cunha actividade industrial similar, senón é ao 100% como actualmente, que se poida compensar, que se poida seguir xerando emprego e riqueza".


INVESTIMENTO EÓLICO?

O directivo recoñeceu que "hai dificultades" e non concretou máis. No seu día, filtrouse que Endesa baralla un gran investimento eólico nas Pontes, pero posteriormente ninguén quixo ampliar detalles.


Pola súa banda, Feijóo prometeu o seu apoio e volveu cargar contra o Goberno do España, ao que esixiu cambios normativos. Acusou o Estado de combertir a transición ecolóxica nunha ruputura e nunha fonte de crise para comarcas enteiras.


O presidente de Endesa con Feiju00f3ou

O presidente de Endesa con Feijóo 


"Endesa se copromete a manter a central traballando e para iso é necesario buscar solucións para o prezo da tonelada de emisións de C02 non fagan incompatible o funcionamento coa conta de resultados", dixo o mandatario para presionar a Moncloa. 


En Endesa traballan directamente uns centos de persoas, pero o emprego indirecto entre auxiliares e camioneiros dispárase ata os 750. É o principal motor económico da comarca. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE