Feijóo mostra a súa distancia con Casado non indo ao nomeamento de Cayetana Álvarez de Toledo
A fenda entre a estratexia de Alberto Nuñez Feijóo e Pablo Casado farase máis fondaaínda máis hoxe. O líder do PP estatal xa filtrou que propoñerá a Cayetana Álvarez de Toledo como portavoz no Congreso na Xunta Directiva Nacional que se celebra en Xénova.
O seu belixerante perfil non cadra coa estratexia de enarborada desde Galicia. Feijóo aspira a repetir como presidente de la Xunta e para logralo sabe que necesita presentar ao partido como unha opción moderada.
A fenda entre a estratexia de Alberto Nuñez Feijóo e Pablo Casado farase máis fondaaínda máis hoxe. O líder do PP estatal xa filtrou que propoñerá a Cayetana Álvarez de Toledo como portavoz no Congreso na Xunta Directiva Nacional que se celebra en Xénova.
O seu belixerante perfil non cadra coa estratexia de enarborada desde Galicia. Feijóo aspira a repetir como presidente de la Xunta e para logralo sabe que necesita presentar ao partido como unha opción moderada.
Cayetana e Casado nun pasado mitin do PP
Aínda que é improbable que o critique en público, o líder galego elixiu outra forma de mostrar o seu distanciamento. No canto de acudir á Xunta Directiva Nacional, como farán outros líders autonómicos, asistirá a esa mesma hora á presentación do anuario 2019 do Foro Económico de Galicia xunto á ministra de Facenda en funcións, María Jesús Montero, que terá lugar na Coruña. Un acto con relevancia relativa, que Feijóo podería saltarse de preferir pechar filas con Casado.
Non é esa a estratexia do PP cara as eleccións autonómicas de 2019. Os conservadores galegos seguen apostando por gardar distancias co xiro á dereita que contribuíu ao fracaso de Casado nas xerais e que só foi corrixido levemente nas locais tras as críticas públicas de Feijóo.
O PP GALLEGO NON QUERE PACTOS CON VOX
O distanciamento deixouse ver esta fin de semana. Pedro Puy Fraga, portavoz parlamentario atreveuse a cualificar de erro o pacto do PP coa ultradereita de Vox en Andalucía.
Puy, parte do reducido núcleo máis próximo a Feijóo,. afirmou este domingo sentirse "moi cómodo por non ter que pactar con Vox" algo que si fixo o seu partido en Murcia, onde considera que os líderes políticos "están a equivocarse".
"Eu creo que a sociedade española, como a galega, non coñezo tan ao detalle a murciana, é unha sociedade moi centrada e os resultados electorais así o confirman" engadiu antes de dicir que "cando hai pactos cos extremos, en liñas xerais, sexa Murcia ou sexa Navarra, os líderes políticos están a equivocarse e deberían buscar acordos no básico coas grandes forzas, e de gobernabilidade con aquelas que teñen un perfil máis moderado".
Puy apúntase así ao defendido por Feijóo mesmo antes de que se consumase o fracaso da investidura de Pedro Sánchez: o PP debe estar aberto a negociar un pacto co PSOE se este ofrece un programa de goberno moderado que permita gobernar sen independentistas nin Podemos.
FEIJÓO SEGUE ESPERANDO A VER QUE PASA CON CASADO
Un órdago en toda regra á estratexia de confrontación aplicada por Casado. O probable nomeamento da polémica Álvarez de Toledo -que Feijóo e outros baróns xa frearon na primavera-como cara visible no Congreso indica que cada bando seguirá por agora o seu camiño, o PP estatal presentándose como líder das dereitas disposto a confrotar cos socialistas e o PP galego máis centrado disposto a negociar cos socialistas.
De fondo, a gran incógnita. Feijóo segue sen aclarar se se presentará en Galicia en 2020. Os seus pasos ata hoxe, particularmente o nomeamento dun peso pesado como Corina Porro como delegada en Vigo, apuntan a que así será. Claro que todo pode cambiar se non hai investidura e Casado volve fracasar nunhas novas eleccións xerais.
Escribe o teu comentario