Tanto os últimos resultados electorais como as diferentes enquisas poñen en evidencia que a estratexia de crispar o debate político que vén seguindo o Partido Popular, co señor Casado como primeira espada, a quen realmente favorece é a Vox, que atopa nesa estratexia o seu espazo natural que, por outra banda, non ten que construír porque llo dan feito.
Galiciapress preguntou ao presidente Alberto Núñez Feijóo por estas palabras de Casado e polas medidas alternativas que propón o seu partido para mellorar o acceso á vivenda. Aínda que evitou en todo momento aludir ao número uno do partido, Feijóo lembrou que en Galicia -como noutras rexións- xa existe desde hai moitos anos unha axuda como a exposta polo Goberno de Pedro Sánchez e á que se opón frontalmente o PP.
Este sábado terminan as xornadas “volantes” da Convención do PP, onde Pablo Casado quixo mostrar á cidadanía o seu liderado, a cohesión do partido e que está “preparado” para gobernar.
As tensións que se están vivindo en Catalunya trasladáronse tamén a Madrid -- aínda que por motivos diferentes ---, o que presaxia uns meses conflitivos ata que pasasen as eleccións do 4M. Se é que a xustiza as aproba tras a impugnación das mesmas pola Mesa da Asemblea de Madrid.
O anunciado Pablo Casado este martes tras o trompazo electoral do PP nas eleccións catalás.
Que non están preocupados polo impacto que a pandemia está a ter sobre moitísimas familias e empresas tamén se pon de manifesto na reiterada oposición e crítica á maioría das medidas que o goberno español aproba para combatela.
Estes días os comentaristas políticos afíns e ata inimigos irreconciliables, saben recoñecer que Casado estivo, como mínimo, brillante, e que coa súa oratoria nada usual abriuse de pao a pao o océano de votos no que gañar unhas eleccións xerais xa que centrou o seu partido e pode pescar nos caladoiros de Cidadáns e da esquerda liberal, mentres que estanca a Vox nunha especie de pantano da tranquilidade no que só lle espera unha baleirado lento pero continuo do seu caudal para desesperanza dos seus airados mentores.
O líder de Partido Popular en España está a cubrir o oco en campaña do mandatario galego que, como os outros candidatos, céntrase en preparar o debate do luns pola noite na CRTVG.
O líder do PP estatal desembarcará en Galicia poucas horas despois do fin do estado de alarma para arroupar a un Feijóo co que tivo xa máis dun rozamento político. Unha indicación clara da imporantancia que para os 'populares' teñen a nivel estatal as eleccións galegas, única cita onde aspiran a sacar peito vistas as pobres expectativas que lles dan as enquisas no País Vasco.
Unha historia que nos mostra como unha baixa participación nas eleccións autonómicas favoreceu sempre, excepto contadas excepcións como no ano 2009, ás forzas conservadoras (PP).Unhas eleccións que aínda que se celebrarán finalizado o estado de alarma non resulta fácil, ao día de hoxe, vaticinar como será a situación real no país tanto a nivel sanitario como moi especialmente a nivel psicolóxico.
O acordo ao que, parece ser, chegaron o presidente do Goberno de España, o Señor Sánchez e o líder da oposición Señor Casado é, sen dúbida, unha boa noticia para todos.
O alcalde de Ourense, que chegou ao goberno auriense grazas ao apoio dos populares, arremeteu contra Pablo Casado e os seus asesores pola súa estratexia política ao decidir votar non a Pedro Sánchez na sesión de investidura.
Consólame que a súa historia centenaria, a parte boa da mesma, serviralles moito de axuda e que a liberdade de expresión aínda está vixente, aínda que pasaron cousas moi raras no último mes nas relacións do Goberno cos medios de comunicación.