A Fundación Gas Natural Fenosa organiza un seminario sobre tecnoloxía para mellorar a xestión das empresas

O foro de Enerxía, Medio Ambiente e Industria 4.0 da Fundación Gas Fenosa busca mellorar a xestión de empresas galegas coa industria 4.0 e as novas tecnoloxías.


|

PEPEFenosa

PEPE, o robot humanoide / Fundación Gas Natural Fenosa


A Fundación Gas Natural Fenosa en colaboración coa Xunta de Galicia organiza o seminario Enerxía, Medio Ambiente e Industria 4.0 sobre como as novas tecnoloxías poden axudar a mellorar a xestión das empresas galegas. 


No foro, que se celebra o martes 10 de abril de 9.00h a 12.30h no Hotel AC Palacio do Carmen tratarase a dixitalización acelerada nos procesos de fabricación como baza para a mellora da produtividade e a xestión enerxética, unha dixitalización que permitirá obter produtos máis adaptados ás preferencias de cada cliente. 


Os cinco seminarios que conforman a xornada abordarán a Industria 4.0 como a 4º revolución industrial, analizando a súa situación na sociedade actual e presentando exemplos do sector enerxético, alimentación e bebidas e a empresa tecnolóxica

 

O director xeral da Fundación Gas Natural Fenosa, Martí Solà e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco José Conde participarán xunto a outros 4 relatores nun seminario no que as asistentes poderán interactuar con PEPE, un robot humanoide e probar unhas lentes de realidade virtual. 




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE