​Toca pactar e saír do foxo

Manuel Fernando González Iglesias

O acordo ao que, parece ser, chegaron o presidente do Goberno de España, o Señor Sánchez e o líder da oposición Señor Casado é, sen dúbida, unha boa noticia para todos, se é verdade que no Parlamento ponse en marcha algo que, dándose a présa necesaria, conduza a un pacto para a recuperación da economía do país. Pero, non da economía dunha parte do país, por exemplo a dos grandes empresarios só, ou a dos sindicatos aliados a Podemos, ou a dos poderosos grupos de Comunicación, para entendernos, que non se pareza en nada ao que pasou na anterior crise na que os únicos que quedaron coa pasta de todos foron os bancos que conseguiron salvarse grazas a deus, que diría o defunto Botín, ou o caradura de Francisco González, sen que, aínda hoxe devolvérana aos que sufrimos penurias e escasezas naqueles tempos tan duros. Se esta vez, o acordo non o pagan a maioría dos cidadáns, senón que se benefician das bondades do mesmo os que antes o perderon todo, volveremos ao mesmo de sempre pero, durante máis tempo, o cal xa soará á xente a estafa e engano político.


Pablocasadopedrosanchez



Desta, ou saímos os que sobrevivamos á pandemia, traballadores, pequenos empresarios, grandes empresas, artistas, escritores, tendervos, bares etc. etc., ou este país, perderá a súa folla de roteiro para varias generaciones. E se iso é así, será tremendo e un indignante abandono das súas responsabilidades de quen teñen nas súas mans a política activa en todas as institucións, chámense Goberno Central, autonómico ou Deputacións e concellos, para entendernos: os partidos políticos da nosa Democracia.


Se o do acordo en comisión parlamentaria só serve para marear a perdiz como se diría no século XX. Dando voltas á nora, para logo botarlle a culpa ao rival político, e esconderse en que non se puido pactar porque o outro non se deixa convencer, xa non será unha escusa que podamos tragarnos. Aquí e agora toca pactar e saír do foxo, pero de verdade, deixando atrás as ideoloxías ou os amaños torticeros. Todos xuntos ou tan só unha maioría decidida a tirar do país cara a adiante tras tantas mortes e ruínas familiares e empresariais. A min, persoalmente, impórtame un pemento se esquerda, a que sexa, e dereita póñense de acordo para vencer a pandemia e á recesión galopante que temos encima. Hai que facelo como sexa e canto antes, mellor. O demais é demagoxia e covardía política.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE