​….E un 2022 para botarse a tremer

Manuel Fernando González Iglesias

Evolución interanual do IPC en España (INE)



Se o 2022 vai ser o ano da inflación galopante e quen nos dirixe continúan metidos no seu labirinto, póñase a tremer, porque desta non saímos por falta de materia gris 



Como ben titulou a directora deste diario, o ano 2021 tróuxonos tantas desgrazas, que merece a pena que o esquezamos pronto e só manteñámolo en “a nube”  como período infame para a sociedade española, polas desgrazas colectivas que causou e que todos tivemos que soportar. Son tantos os factores que se uniron para causar tanto mal social e individual, que resulta difícil atribuír a un só deles a causa principal, aínda que cada un de nós seguramente dirixiriamos a nosa ira cara a algún culpable concreto e seguramente todos teriamos razón. E claro, con semellante panorama, non nos merece a pena perder o tempo discutir as outras cos uns, e viceversa. Pasa como cando os nosos pais políticos quixeron instaurar a Democracia partindo dos Principios Fundamentais do Movemento da atroz Ditadura.


Entón que se pode facer para tentar saír adiante no ano que empeza? Pois miren, non se ben que dicirlles, porque o que se nos vén encima é un XXL tan enorme que ninguén é capaz de facer cadrar este círculo no que nos metemos. Somos un país en clara involución que vai sufrir nos próximos 12 meses a peor recisión da súa historia, e o que é peor cuns dirixentes políticos e sindicais incomparables aos Adolfo Suarez, Felipe González, Santiago Carrillo,Manuel Fraga, Nicolas Redondo, Marcelino Camacho, etcèra, etcètera e que téndoo bastante peor foron capaces fronte a a atroz inflación de entón  negociar e asinar os históricos Pactos da Moncloa. Neles, todos perderon algo do seu capital partidista e ideolóxico, pero vistos agora pola historia conseguiron coas súas renuncias persoais o maior logro das súas respectivas carreiras. Salvar o país e iniciar así a saída dun túnel económico tan tenebroso e inquietante como o foi o Covid ou o volcán da Palma, que aínda seguen inquietándonos.


A min, persoalmente preocúpame moito a falta de calidade democrática que padecemos, non só polas malas decisións que toma un goberno namorado perdidamente do seu Presidente, senón tamén pola moi escasa cintura democrática da oposición que non sabe pactar en nome do ben común, aínda que lle resulte doloroso, como xa fixeron ejemplarmente Patronal e Sindicatos.


Se o 2022 vai ser o ano da inflación galopante e quen nos dirixe continúan metidos no seu labirinto, póñase a tremer, porque desta non saímos por falta de materia gris  da nosa clase dirixente que segue pensado que convocando eleccións cada seis meses ou repartindo entre os amigos os Orzamentos Xerais de Estado pódese chegar a salvar o desastre que se nos vén encima e que só eles saben o que lle convén ao país.Deus santo!, pero que fixemos para merecer este castigo?.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE