Aínda que poida parecer unha utopía os estados da UEM terán que replantearse nalgún momento, si non queren que os riscos dunha ruptura sexan aínda maiores e moi plausibles, a realidade do euro como moeda única. Como se pode ver non se trata de reformas que afecten as formas senón ao fondo da UE e moi especialmente da UEM. Son reformas de calado que, dada a actual correlación de forzas, non parecen viables no curto prazo pero cara as que terán que encamiñarse os estados europeos senón queren que a situación económica sexa afectada por crises recorrentes e como consecuencia a democracia ameazada polas forzas totalitarias.
“As eleccións, as veces, son a venganza do cidadán. A papeleta é un puñal de papel”.
David Lloyd George: Político Liberal Británico: 1863-1945.
O último país conquistado por ultradereita e que confirma a tendencia foi Italia, onde unha coalición cos partido Irmáns de Italia e o seu líder Giorgia Meloni fixéronse co Goberno
Ao tempo que Portugal celebraba orgullosa a efeméride da revolución dos cravos do 25 de abril, e que no ano 1.974 puxo fin a longa ditadura salazarista, os cidadáns dos pobos de España podíamos comprobar, unha vez mais, como os diferentes tránsitos da ditadura á democracia en España e Portugal trouxeron dispares efectos políticos que, ao día de hoxe, condicionan a axenda democrática de xeito moi desigual en cada un dos dous estados.En Portugal deuse unha auténtica revolución que foi quen de derrubar os piares do estado fascista, mentres que en España - aínda que as clases traballadoras coas súas mobilizacións tiveron un papel relevante - serían as elites franquistas, encabezadas pola coroa borbónica, quen liderarían o tránsito da ditadura á democracia. Un tránsito que deixaría practicamente incólume as bases de poder da ditadura -exército, policía, xudicatura, airexa católica e que rematarían condicionando a natureza da propia democracia española.
La incertidumbre viaja con nosotros y los refugios son escasos o nulos, por eso los valores en los que las personas quieren descansar, llenan lo que pueden llenar, hasta que las certezas brotan como soluciones transitorias a otros tiempos que vendrán.
Unha situación penal que fai dubidar sobre, por caso, a calidade democrática dun poder xudicial (neste caso o Tribunal Supremo e a Fiscalía Xeral) que somete a eses políticos a unha auténtica persecución que, ademais de ser anticonstitucional repercute, de rebote, na propia credibilidade do estado español diante dos poder xudiciais europeos.
O acordo ao que, parece ser, chegaron o presidente do Goberno de España, o Señor Sánchez e o líder da oposición Señor Casado é, sen dúbida, unha boa noticia para todos.
A escusa son as "fake news", pero esquécense de explicar que as leis actuais xa dispoñen de ferramentas suficientes para atallar o “problema” e os xuíces así o manifestaron antes, agora e seguirano manifestando
A charlotada legal en que se converteu o xuramento das súas Señorías tanto no Congreso como no Senado con apostilas ao xura ou prometo de cada un das deputadas/vos e senadores/ as, chamou a atención tamén dos máis novos da casa.
Se un só deputado dunha plataforma pode conseguir que sexan atendidas as necesidades que levan anos reivindicados a cidadanía, a porta quedou aberta ao nacemento de novos Soria Existe, Zamora Existe e outras plataformas.
A solución máis próxima é ir votar e plantar cara aos intolerantes e non facer caso ás tácticas dalgúns políticos perversos. Gañamos moito cun voto na man e aínda máis se o introducimos nunha urna do noso colexio electoral.
Esa será a gran novidade dos posibles resultados, segundo as enquisas, que marcará a vida parlamentaria na próxima lexislatura. Queda claro que as sesións no Congreso dos Deputados van ser todo menos tranquilas.
Oxalá houbese moitos Márquez na política, ou como di a Biblia cando están a piques de desparecer Sodoma e Gomorra, un só ou unha soa, polo que puidésemos salvarnos todos deste desgraciado panorama que nos asfixia.
Non foi pois un bo día para a Democracia española, especialmente para “Il Parvo” líder de Cs, que co seu colega e rival “Il Divo” conseguiron que a duración da lexislatura sexa efémera, co que todo iso supón para nosa moi deteriorada economía.
É a propia visión do Dereito e as súas fontes, que cambiara en 1978, o que cambiou outra vez.
Lembremos sempre o que sucedeu, deixémolo escrito nos libros, unha e outra vez, para que xamais poida volver repetirse.
Unha democracia forte apoiase tamén nunha garantía absoluta dos dereitos e liberdades democráticas que hoxe corren serio perigo en España, e en Galiza, por mor do concepto tan limitado da democracia que ten o partido gobernante.
Cabe pensar, por caso, que o actual goberno alemán (que é de dereitas) financiara a unha asociación de militares nazis? Ou que o goberno italiano houbese mantido os títulos nobiliarios de familiares de Mussolini?