Sánchez ten razón en que a UE necesita reformas, pero non unhas reformas calquera

Manoel Barbeitos
Economista

 

El president del Govern central, Pedro Sánchez, al Parlament Europeu
O presidente Pedro Sánchez, no Parlamento Europeo - EP

 

Pedro Sánchez  "Europa atópase nunha encrucillada e debe decidir si convértese nun faro que inspira ao mundo como exemplo de integración e progreso ou si escóndese detrás das trincheiras" 

 

Pedro Sánchez ten razón en que a Unión Europea precisa reformas, pero non unhas reformas calquera senón unhas reformas en profundidade pois do contrario cada vez estará mais lonxe dos principios que a definen e será mais irrelevante no mundo. Solo lle faltaba que se empezaran a destapar casos de corrupción para que a impresión de que a Unión Europea está perdendo o rumbo collera mais forza.

 

Non se pode negar que o crecente ascenso dos partidos de extrema dereita na maioría dos estados que compoñen a Unión Europea é unha clara manifestación cidadán de rechazo tanto ao funcionamento (a toma de decisións) como as políticas que se aplican (que favorecen claramente a unha minoría; a grande banca). Por que este ascenso da extrema dereita non se circunscribe a uns poucos estados de similares características. Non é o caso. Ao día de hoxe a extrema dereita observa con optimismo, dados os precedentes nacionais como o último resultado en Holanda, as eleccións ao Parlamento europeo do 2024. Un ascenso que se ve favorecido por varias factores relacionados tanto con o funcionamento da UE como con as políticas postas en marcha nas últimas décadas.

 

Resulta indiscutible que a Unión Europa agocha un grande déficit democrático que leva a que moitos cidadáns europeos a observen como algo alleo, incluso contrario, aos seus intereses. Unha situación que entraña enormes riscos para a democracia dada a relevancia e o impacto das súas decisións. Un grande déficit democrático que se pon en evidencia no funcionamento de institucións comunitarias tan relevantes como o Banco Central Europeo e a Comisión Europea, máximas responsables das políticas monetarias e fiscais, cuxas decisións e actuacións non so escapan ao control do Parlamento Europeo senón que ademais, favorecidas pola suicida cesión de soberanía que fixeron os estados, son quen de impoñerse aos gobernos e parlamentos nacionais como, puidemos ver, dramaticamente, con Grecia no ano 2015. 

 

Para superar este déficit democrático hai que, en primeiro lugar, concederlle ao Parlamento Europeo os poderes que esta Cámara ten en calquera réxime democrático, por caso, de auténtico representante dos pobos europeos e como tal con capacidade para exercela potestade lexislativa, aprobalos orzamentos e controlar a acción da Comisión Europea.

 

Esta reforma tamén suporía que a Comisión Europea, como órgano executivo europeo que dispón dunhas competencias moi amplías tal que lle dan un enorme poder pero que queda fora de calquera control democrático, debera ser elixida polo Parlamento Europeo diante do que tería que render contas. A actual situación, aínda que poida adoptar un formato democrático, leva a que tanto a Presidencia, como a Vicepresidencia e os/as Comisarios saian dun reparto de poder acordado entre os partidos maioritarios pero baixo a vixilancia e liderado de Alamana. A situación actual explica moitas das actuacións despóticas da Comisión Europea en todos estes anos e nos que primaron os intereses tanto de Alamana, e os seus satélites, como da banca europea e as grandes empresas.

 

En relación a outra institución poderosa, o Banco Central Europeo responsable da política monetaria na UEM (tipos de xuro e de cambio, oferta monetaria) hai que subliñar que a pesares do seu nome non actúa como un auténtico banco central que presta directamente diñeiro tanto as institucións comunitarias como aos gobernos nacionais senón que cedeu esa  competencia a banca privada. Un funcionamento que o separa outros bancos centrais como a Reserva Federal (Estados Unidos), o Banco de Inglaterra (Gran Bretaña) e o Banco de Xapón (Xapón). Este formato, esixido por Alamana para aceptar a UEM, leva a que os estados europeos necesitados de financiamento caian na mans da banca privada que aproveita o regalo para, como estamos vendo, elevar os tipos de xuro para os prestamos o que dispara as débedas públicas. Neste caso a reforma debe ir encamiñada a que o BCE se converta nun auténtico banco central que presta directamente aos gobernos europeos e cuxos obxectivos son tanto a loita contra a inflación, como o crecemento económico e a creación de emprego.

 

Pero seguramente que a reforma mais necesaria e con toda seguridade a mais difícil fai referencia o actual euro como moeda única na UEM. Ao día de hoxe aínda resulta difícil entender como moitos países europeos, especialmente os coñecidos como PIIGS (Portugal, Irlanda, Italia, Grecia e España) aceptaron esta imposición de Alamana por que era previsible que sucedera o que rematou sucedendo. Que estados con balanzas de pagos deficitarias, pero sen capacidade para modificar o tipo de cambio de tal forma que favorecera as exportacións, terían que acudir a devalacións internas (salarios, pensións,...) que deprimirían as súas económicas, farían caer os ingresos públicos provocando que medraran os déficits e en consecuencia as débedas públicas. Algo que puidemos comprobar en todos estes anos e que tamén explican que a UEM, en términos globais non sexa quen de evitar as recorrentes recesións. Aínda que poida parecer unha utopía os estados da UEM terán que replantearse nalgún momento, si non queren que os riscos dunha ruptura sexan aínda maiores e moi plausibles, a realidade do euro como moeda única.

 

Como se pode ver non se trata de reformas que afecten as formas senón ao fondo da UE e moi especialmente da UEM. Son reformas de calado que, dada a actual correlación de forzas, non parecen viables no curto prazo pero cara as que terán que encamiñarse os estados europeos senón queren que a situación económica sexa afectada por crises recorrentes e como consecuencia a democracia ameazada polas forzas totalitarias. O primeiro test o veremos pronto coa discusión das novas regras fiscais. Si a UEM abandona definitivamente a ortodoxia ordoliberal ou persiste nos dogmas. O futuro de Europa está en xogo.

Tamén veremos pronto cales son as propostas de Pedro Sánchez, e a súa equipa, para que “Europa se converta nun faro que inspire ao mundo”. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE