A imprescindible mobilización social

Manoel Barbeitos
Economista

El fiscal general del Estado, Álvaro García Ortiz.
El fiscal general del Estado, Álvaro García Ortiz.


"Que os deputados escoiten a nosa voz" declaración das vítimas da DINA na manifestación que tivo lugar diante do Parlamento Valenciano.

 

 

Consonte pasan os días resulta máis evidente que se se quere evitar un 23F xudicial serán necesarias, diría que imprescindibles, grandes mobilizacións sociais. Serán necesarias porque deberíannos quedar poucas dúbidas de que en España unha trama política-xudicial- mediática está traballando arreo por un golpe xudicial que derrube o actual goberno de quenda (PSOE/Sumar). Unha trama que o partido maioritario das dereitas (PP) -que segundo os seus estatutos se define como “de centro reformista e inspirado nos valores do humanismo cristián”- alimenta coa súa estratexia de acoso e derrubo e tamén cos seus insultos, descualificacións a malas formas (“O sanchismo converteu o PSOE nunha organización criminal”, Alberto Nuñez Feijóo).

 

O incrible xuízo que no Tribunal Supremo se lle está facendo ao Fiscal Xeral do Estado é unha proba do que sinalabamos anteriormente. Digo incrible porque nas sesións celebradas está quedando claramente de manifesto que Álvaro García Ortiz non cometeu os delitos que lle atribúen -por certo, onde queda a presunción de inocencia?, cando nunha democracia un inocente ten que ser el quen demostre a súa inocencia?-. Logo das declaracións dos señores Alberto González Amador e Miguel Ángel Rodríguez, e a pesar dos seus circunloquios, quedaron claras tres cousas relevantes para o xuízo: que non foi o Fiscal Xeral quen deu a coñecer o correo do avogado do defraudador solicitando un acordo coa Fiscalía, que tampouco hai probas de que aquel dera orde de paralo expediente e, finalmente, que eses dous señores mentiron reiteradamente incluso en sede xudicial. Que logo destas evidencias o xuízo siga adiante confirma o sinalado ao principio.

 

Finalmente o informe da UCO non confirma as tremendas acusacións que dende distintos medios de información e tribunas políticas -todos de dereitas- se fixeron contra o Ministro de Política Territorial Ángel Víctor Torres, pois segundo aquel nin Torres nin a súa equipa incorreron en irregularidades na compra de mascarillas en plena pandemia. “Non hai comisións, nin mordidas, nin pisos en Atocha, nin mulleres explotadas sexualmente. Non hai nada do que me estiveron atribuíndo durante case un ano e medio”. De confirmarse estas evidencias cal debería ser a actitude da citada trama política-xudicial-mediática? Seguira na súa estratexia golpista?

 

A pesar da feroz resistencia, o señor Carlos Mazón tivo que dimitir da Presidencia da Comunidad Valenciana por mor da súa incualificable actuación durante a DINA na que houbo 229 vítimas mortais. Pero, compre subliñalo, a dimisión non veu nin por vontade propia nin por petición do seu partido (PP) ou do seu aliado político (Vox). Veu pola presión popular e, moi en concreto, dos familiares das vítimas: “Mazón non dimitiu, o tiramos entre todos”, berraron moitos dos asistentes na multitudinaria manifestación -a duodécima- habida en Valencia contra Mazón. Unha manifestación na que as intencións do Partido Popular e Vox de culpar ao goberno español de quenda (PSOE/Sumar) non tiveron eco pois a responsabilidade centrouse, como era lóxico, no señor Carlos Mazón e no seu goberno o que implica ao Partido Popular e a Vox.

 

Estos son tres exemplos de sucesos acaecidos nos últimas días cando se puido comprobar que tanto o triunfo da estratexia golpista das dereitas (PP/Vox) canto a derrota da mesma van depender, e moito, da reacción cidadán, da mobilización social que, hoxe por hoxe, parece imprescindible se queremos defender a democracia que tanto nos custou conseguir. Por que esta democracia está ameazada por unha trama política-xudicial-mediatica montada e alimentada polas dereitas (PP e Vox) que parecen buscar un 23F xudicial.  
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE