Votarías a alguén que...

Xosé María Dios Diz
Médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.

O sistema democrático do estado español, permite elexir entre múltiples partidos políticos, que abranguen dende a extrema dereita ata a extrema esquerda, pasando por partidos centralistas, rexionalistas, independentistas, nacionalistas, ecoloxistas, animalistas, etc.

 

Para elexir un deles, as súas ideas deben ser o máis aproximadas o que pensamos cada un/ha de nós. Moitas veces, decídese votar o “menos malo”. Pero de decantarnos por uns ou por outros, depende a nosa vida diaria (e o máis cercano e importante que temos, é a nosa saúde). A pregunta que me formulo, é si ti votarías a alguén que trata de desmantelar o Sistema Sanitario Público Galego, facendo da privatización a estratexia fundamental? Depositar na urna un voto para uns/has ou para outros/as, incide neste tema e en moitos outros.

 

Votarías a alguén que beneficia sistemáticamente aos “ricos” e trata de perxudicar, por sistema, aos menos afortunados/as? “El regalo fiscal de Ayuso a los madrileños más ricos ya supera los 1.200 millones. Las estadísticas del impuesto de patrimonio del año 2021 aseguran que casi 19.000 millonarios esquivaron la tributación y el pago, de media, de 65.000 euros en la Comunidad de Madrid” (https://www.eldiario.es/). Na Galiza, o PP invirteu na sanidade privada, 20.000 millóns de euros nos 14 anos que levan gobernando...o que se podería facer na Saniade Pública con eses cartos! Podríase reintegrar ao Sistema os servizos privatizados: Información, Historia Clínica, Receita Electrónica, Ambulancias, Central de Chamadas, Loxística, Investigación, Docencia. Restituír o Hospital Álvaro Cunqueiro para a Pública, acabar co Concerto Singular de POVISA e adquirilo para o Sistema Público.

 

Sin comentarios!

 

Outros exitazos dos gobernos que “eleximos” na Galiza: as pensións, son as máis baixas do estado español. As autopistas, xa amortizadas, son as máis caras. O que se gasta por persoa en sanidade, é a segunda “pola cola”, despois de Madrid. E os cartos do céntimo sanitario na gasolina: onde van? Ademáis, invirteu 2.500 millóns na educación privada.

 

Sigo preguntando, por que dende que está o PSOE no goberno, xunto con Podemos, non se retirou o copago farmacéutico? Ata o 2012 os/as Pensionistas NON PAGABAN OS MEDICAMENTOS. Rajoy (PP), dispuxo: “O Real Decreto Lei 16/2012 establece a porcentaxe de cotización así como un límite mensual de pago, en función dos ingresos da persoa. O pago do usuario será proporcional ao nivel de ingresos. O INSS asigna a achega farmacéutica individual e comunícalla aos Servizos de Saúde das CCAA”... seguimos esperando!

 

Nesta lexislarura aprobáronse Leis moi importantes: PERTE, SMI, suba das Pensión... e sistemáticamente, partidos de dereita e de extrema dereita, votaron en contra destas melloras. Moitas persoas víronse benefiadas, e ca pandemia e a crise de prezos, estarían perigósamente abocados a salarios moi baixos e incluso despidos. Votarías a un partido que está en contra desas Leis?

 

Datos de Eurostat: cada español/a, visitou ao médico unha media de 4,8 veces en 2021, fronte a 7,2 da media de países europeos (un 33,3% menos). Houbo ademáis unha diminución do 35% nas consultas médicas que pasaron de 7,4 por habitante e ano no 2014 ás 4,8 de 2021. O descenso entre o 2018 e o 2021 foi do 20%, o 3o máis pronunciado de toda Europa (só Italia e Lituania supérannos). O resultado é que somos o país da UE no que menos persoas acoden o/a médico/a de familia. Ocupamos o último lugar da lista co 20,9% de utilización media pola poboación, fronte ao 32,5% europeo e tamén estamos nas últimas posicións en ir o/a especialista con 9,5% por habitante e ano, fronte ao 19,5% da media europea.


Evidentemente si eres un/unha que vota a partidos que non defenden a clase traballadora, que van en contra da saúde, que privatizan e descapitalizan a educación, non promoven a industria do país...ti tamén eres corresponsable do que sucede! Temos unhas eleccións a vista: na nosa mán está que gobernen uns/has ou outros/as. Valorar o que oferta cada partido e non votar “en contra de”, é unha boa política para ter un futuro máis esperanzador. A corresponsabilidade ten que empezar por nós mesmxs!

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE