Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.
O PP leva gobernando a Xunta de Galicia, 16 anos e os que gobernou antes de que o fixeran PSdeG-BNG. A dereita (cla inclusión no seu interior da dereita extrema) ten demostrado, nestes anos, que a súa folla de ruta no tema sanitario pasa polo desmantelamento e a privatización do Sistema. Tanto nas cuestións sanitarias como nos servizos sociais. Deixa de investir o que corresponde: según a OMS debería ser ó 25% do orzamento da Sanidade e inviste o 14%. Evidentemente o servizo que se dá non pode ser de calidade (que se non fose polos profesionais sanitarios e non sanitarios sería moito peor).
Co lema: “Máis Atención Primaria, Máis Atención Especializada e Máis Sanidade Pública”, queremos manifestar que para que a Sanidade na Galiza sexa: Pública, Universal, Gratuíta, Solidaria, Equitativa e de Calidade, debe ter recursos, para poder realizar as funcións que culminen cunha Mellor Calidade de Vida dos cidadáns e das cidadás da Galiza.
Temos que ter Centros de Saúde e PACs, dotados de persoal suficiente de todas as categorías; ben equipados; accesibles en 24-48 horas máximo; con consultas presenciais á solicitude do paciente; reorientar a Atención Primaria tamén, á promoción, prevención, traballo comunitario e a participación social. Que garanta a relación fluída e coordinada coa Atención Especializada. Debemos ter Servizos de Pediatría nos Centros de Saúde. Se queremos dar unha Atención Integral, debemos incorporar matronas, terapeutas ocupacionais, lgopedas, fisioterapeutas, etc. Reforzar a capacidade da AP de dar resposta aos problemas de saúde mental, tanto de adultos como infanto-xuvenil e incorporar a presenza da Psicoloxía Clínica nos Centros de Saúde.
Temos que utilizar de forma plena os recursos instalados nos hospitais: mañá e tarde; recuperar os recortes feitos nos hospitais comarcais; acabar coa política de concertación coa privada; restitución ao Sistema Público dos centros privatizados; plans para reducir as listas de agarda e rematar coa ocultación das mesmas; acabar coa precariedade laboral do persoal; volver a esixencia da Dedicación Exclusiva do persoal médico.
Debemos incrementar o orzamento sanitario público; elaborar o Plan de Saúde Galego que adapte os recursos ás necesidades; recuperar os servizos privatizados e as Áreas Sanitarias; potenciar a Saúde Pública para combater os riscos de novas epidemias. Recuperar as Xerencias de Atención Primaria, suprimidas polo PP.
O PP ten que cumprir as súas propias Leis: creou a Lei de Prestacións de Garantías Sanitarias do 12/2013, de 9 de decembro, onde se comprometen (por Lei)...a “non demorar máis de 45 días a Primeira Consulta e as Probas Diagnósticas e a non demorar máis de 60 días ás Intervencións Cirúrxicas”: calquera que utilice o Sistema Sanitario “real” sabe que isto non se cumpre nunca o que implica que o PP non lle fai caso á súa propia Lei, e non pasa nada!
Outra Lei importante é a 53/1984, do 26 de decembro, de Incompatibilidades del personal al servicio de las Administraciones Públicas, que tamén INCUMPRE e dí que “non se permite que Médicos da Pública, traballen tamén na privada con pacientes da súa mesma Área Sanitaria, e que non se poden recibir dous salarios da administración pública”: algo específicamente prohibido mais que o PP permite e ademais, págalles o Complemento de Exclusividade que se lles dá aos Médicos comprometidos SÓ CO SISTEMA SANITARIO PÚBLICO (o que incrementa as corruptelas que se producen, e que, aínda que afecta a un número mínimo de profesionais: parece que o facemos “todos”. Un despropósito pero que ten culpables: as diferentes administracións do PP que teñen unha Folla de Ruta Privatizadora, que nos leva ao empobrecemento do Sistema Sanitario Público e que si non lle poñemos freo (na rúa, si) pode ser irreversible, se non o é xa!
Mobilicémos e digámoslle a esta xente: que o Sistema Sanitario Público Galego non é seu! Mobilicémos o 6 de abril do 2025 en Compostela e digámoslles alto e claro que a Sanidade Pública é de TODAS E TODOS e así debe seguir sendo!
Escribe o teu comentario