Feijóo consuma a súa separación de Rajoy apoiando a Casado

Mariano Rajoy empeza a moverse para evitar que un home de Aznar xestione a súa herdanza. Presións que por agora non inflúen en Feijóo. Entre liñas, o galego volve deixar ver as súas querenzas por quen poida derrotar a Soraya.  


|

Mariano Rajoy empeza a moverse para evitar que un home de Aznar xestione a súa herdanza. Presións que por agora non inflúen en Feijóo. Entre liñas, o galego volve deixar ver as súas querenzas por quen poida derrotar a Soraya.  Está por ver se, ademais de Ourense, hai algún sector que se alonxa da liña oficial do PPdeG.



Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo pasean por Pontevedra


Os dous candidatos a liderar o PP vense hoxe as caras en Santiago. Con todo, as circunstancias do encontro, o enterro de Gerardo Fernández Albor, non son as máis favorables para negociar o que lle piden moitas voces do seu partido, unha lista única que deteña o enfrontamento fraticida.


FEIJÓO XA NON PIDE LISTA ÚNICA

Entre esas voces xa non está a de Alberto Nuñez Feijóo. Ao comezo do proceso, o presidente do PP galego clamou por ela. Claro que entón, el era o favorito nas quinielas. Agora, Feijóo é só un presidente autonómico que apostou polo cabalo perdedor, María Dores Cospedal, eliminada na primeira volta .


Hai varios factores que explican que as preferencias do galego vaian cara Casado. Ao fin e ao cabo, de todos é sabido que Soraya Saéz de Santamaría era a archienemiga de Cospedal. Ademais, sobre a ex-vicepresidenta, que controlaba o CNI, recaen as sospeitas de que a súa contorna filtrou as fotos co narco Marcial Dorado. Dossieres -coñecidos e potenciais- que seguen sendo a explicación máis convincente para enteder a espantada a última hora de Feijóo.


O de Os Peares mantén ocultas as súas preferencias, polo menos por agora. Deixouse ver nun mitin de Casado o mércores, pero o PPdeG apresurouse a confirmar que Feijóo tamén acudiría a un acto de Soraya en Pontevedra, previsto para o luns.


No seu mitin Casado volveu poñerse aos pés de Feijóo, repetindo aquilo de que o presidente da Xunta será no PP o que el queira se o mozo gaña as primarias. Un mitin que, por certo, montouse no hotel de luxo onde o PPdeG organiza os seus grandes eventos, incluída a lacrimóxena renuncia de Feijóo. No mesmo marco o galego deixou entrever o seu apoio entre liñas“Se tes sorte, e eu desexo que a teñas...”, dixo.


O mitin de Soraya o luns será en Pontevedra capital, lugar onde a militancia conservadora non é especialmente numerosa e onde Santamaría foi derrotada por Cospedal. De feito, a ex-vicepresidenta só gañou nunha das sete cidades galegas. 


SEGUIRÁ TODO O PPDEG OS DESIGNIOS DE FEIJÓO?

Foi, como non, en Ourense, onde o baltarismo aproveitou plantar plantar batalla a Feijóo apostando polo seu rival. Plantar batalla e gañala, aínda que fóra por pouca marxe na capital de provincia, por ampla marxe no rural, onde a saga Baltar segue movendo todos os fíos do partido.


Decantaranse os compromisarios dalgunha outra zona de Galicia por Soraya? Por agora, o referente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, amigo de Rajoy, xa dixo que o prefería unha lista única antes do Congreso. Unha opinión que difire da expresada por Feijóo e que reflicte o sentir de moitos compromisarios. Representantes da militancia a miúdo con cargos públicos e  incómodos por ter que tomar partido, incomodando ou ao aparello do PPdeG ou a Soraya, potencial líder estatal.


RAJOY MÓVESE PARA EVITAR O ASCENSO DUN HOME DE AZNAR

Pontevedra, co seu reducido peso orgánico no PPdeG, é a cidade de Mariano Rajoy. Que Soraya a elixa para o seu mitin en Galicia non é inócuo. Segundo fontes do PPdeG consultadas por Galiciapress hoxe, cada vez son máis os rumores entre a militancia conservadora que apuntan a que Rajoy xa non é neutral, que se está movendo na sombra para que sexa o seu número 2 quen xestione a súa herdanza.


Legado que Rajoy non quisera ver en mans dun mozo que foi xefe de gabinete de José María Aznar. Pablo Casado que, como fixo Aznar, atrévese a criticar en público a xestión da crise catalá . "Non aplicamos o 155 como habería que aplicalo", chegou a dicir.


FEIJÓO XA NON NECESITA AGRADAR A RAJOY

Neste sentido, salvo que a última hora tornen os ventos, a aposta de Feijóo por Casado ten algo de traizón a Rajoy, a quen prometeu ser leal sempre. 



Vaise desvelando así aos poucos o trauma interno mellor disumulado do feijooismo, que a relación do os Peares co de Pontevedra nunca foi tan estreita ou fluída como fixo ver por motivos electorais, que mentres un deixábase querer para ser ministro en Madrid o outro o descartaba en cada reforma de goberno. Que cando o de Pontevedra estaba máis vulnerable-acosado polo rescate bancario e o estalido da Gürtel- e os medios madrileños encubraban ao de Os Peares, alguén sacou dun caixón algunhas das vellas fotos de Feijoo co seu amigo narcotraficante.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE