O si do PNV á moción a Rajoy dispara as quinielas sobre o futuro de Feijóo
A dirección nacionalista vasca comunicou ao Goberno que votará a favor da moción de censura presentada por Pedro Sánchez. Mariano Rajoy podería dimitir para forzar eleccións, o que deixaría vacante en principio o liderado do PP a nivel estatal. Un posto para o que o presidente da Xunta é, en teoría, o mellor colocado. De feito o presidente de Cantabria xa o propuxo. Vídeo en directo do debate.
A dirección nacionalista vasca comunicou ao Goberno que votará a favor da moción de censura presentada por Pedro Sánchez. Mariano Rajoy podería dimitir para forzar eleccións, o que deixaría vacante en principio o liderado do PP a nivel estatal. Un posto para o que o presidente da Xunta é, en teoría, o mellor colocado. De feito o presidente de Cantabria xa o propuxo.
Así as cousas, Pedro Sánchez sería investido presidente este venres. Agora ben, Mariano Rajoy podería dimitir antes para forzar eleccións quedando á fronte de España un goberno en funcións, o que a medio prazo deixaría vacante en principio o liderado do PP a nivel estatal. Un posto para o que o presidente da Xunta é, en teoría, o mellor colocado.
De confirmarse o sentido do voto do PNV, a outra opción que queda a Mariano Rajoy é converterse en líder da oposición, á espera que o novo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, convoque eleccións nuns meses, como di pretende.
Agora ben, as últimas enquisas -nas que o PP se desmorona antel o empuxe de Cidadáns- e o peso da corrupción sobre a figura de Mariano Rajoy fan difícil, en teoría, que o de Pontevedra poida volver ser cabeza de cartel en calquera dos escenarios posibles. Lugar que ben podería ocupar Alberto Nuñez Feijóo, pois é un dos pouquísimos líderes conservadores capaces de presumir de vitorias electorais recentes e non estar tocado, polo menos directamente, pola Gürtel.
Ademais, de todos son coñecidas as ambicións do de Os Peares para saltar a Madrid. Feijóo leva lustros facéndolle as beiras á opinión pública estatal, o que lle gañou non poucas inimizades entre algúns dirixentes do PP que tamén aspiraban a suceder a Rajoy.
De feito, algúns medios xa informaron esta semana que o presidente do PP galego chamara a homólogos doutras partes do Estado para impulsar a renovación do partido, cun Congreso Extraordinario do PP español. Hipótese que Feijóo por agora nega, presumindo de que "eu non serei nunca un Judas".
De asumir Feijóo o liderado do PP estatal, non necesariamente tería que deixar a Xunta. Agora ben, parece difícil que a medio prazo puidese compatibilizar as dúas posicións. O lóxico sería que, de haber unha sucesión en Galicia, abordáse ao mesmo tempo que o cambio en España.
Mentres, o Congreso dos Deputados segue debatendo a moción de censura contra o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, presentada polo PSOE tras a condena ao PP como partícipe a título lucrativo da trama Gürtel e que propón como candidato para presidir o Executivo ao socialista Pedro Sánchez.
O debate da moción de censura comezou coa defensa da proposta, sen límite de tempo, por parte dun dos deputados que asinan a iniciativa, e, a continuación, tamén sen límite de tempo, interveu o candidato á Presidencia proposto na moción para que expoña o programa político do seu hipotético Goberno.
Despois foi a quenda dos portavoces dos distintos grupos parlamentarios, tiveron trinta minutos para intervir e dez minutos de réplica. En principio, está previsto que a votación da moción de censura sexa mañá sobre as 13:30 horas.
Este é o vídeo oficial do sinal do Congreso dos Deputados. A narración e as reaccións ao argumentado desde a tribuna pódense seguir en esta crónica actualizada de Catalunyapress.
Escribe o teu comentario