Rueda, do proceso de despedimento colectivo de Ence: "Algúns estarán felices"
O mandatario reduce a ameaza de despedimentos a "un momento conxuntural da súa actividade".
                    
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, achaca o despedimento colectivo que prevé Ence nas súas plantas de Pontevedra e Navia (Asturias) a "un momento conxuntural da súa actividade".
Cuestionado pola prensa tras a reunión do Consello da Xunta deste luns, sinala que esta situación "reforza máis" o interese do Goberno galego de que "existan industrias que poidan, con independencia de como vaian unhas ou outras, manter todo ese ritmo de creación de riqueza" na comunidade.
 
Critica que "estarán felices" aqueles que queren que "non se poidan instalar" industrias e que "outras pechen".
Rueda remarca que "a función da Xunta" é tentar que se instalen máis industrias en Galicia se respectan as normas ambientais, xa que, "se non", "instalaranse noutros sitios".
Ence expón este expediente de regulación de emprego (ERE) tras unhas perdas de 22 millóns no nove primeiros meses deste ano e nun contexto de baixada de prezos da celulosa.
 
    
					
Escribe o teu comentario