Cartel completo do Atlantic Fest: Os Planetas, Franz Ferdinand, Carolina Durante, Carlos Ares, Shame...
O festival de Vilagarcía de Arousa, que vén de pechar a súa programación, celebrará unha nova edición os días 17, 18 e 19 de xullo.
Un ano máis volve á Praia dá Concha de Vilagarcía de Arousa a mellor música da man de artistas de primeira orde tanto a nivel nacional e internacional. O Atlantic Fest convoca un ano máis no corazón da ría de Arousa aos festivaleros para gozar de tres días de música do 17 ao 19 de xullo nun evento que, por décima edición, volve apostar pola música indie como eixo da proposta que a organixzación define como "sen artificios, sen mesturas imposibles, sen ruído, un cartel pensado de verdade onde cada nome encaixa, dialoga e suma".
Os ELIXIDOS
"Facer un festival non é xuntar artistas. É saber elixilos", abundand desde o Atlantic Fest, que para este 2026 anuncia a presenza de grandes nomes como Franz Ferdinand, Carloina Durante, Carlos Ares, Two Door Cinema Club, Nacho Vegas ou Triángulo de Amor Bizarro.
Os últimos en sumar á festa son bandas tan icónicas como Os Planetas, que repiten no festival arousán con tres décadas de percorrido ás súas costas, ou Shame, formación londiniense referencia no post-punk británico. Joe Crepúsculo, Aiko O Grupo, Alsono ou Grande Osso tamén se apuntan a este décimo aniversario, doonde tamén figuran Depresión Sonora e Nadadora.
As entradas de día xa están á venda, ademais dos abonos para acceder ás tres datas, coa repartición correspondente dos artistas, con Two Door Cinema Club e Carolina Durante como pratos fortes do venres 17 de xullo, Franz Ferdinand ou Os Planetas como cabezas de cartel o sábado 18 e as actuacións de Joe Crepúsculo e Aiko O Grupo para pechar a festa o domingo 19.
Escribe o teu comentario