Ence

Pedro Alonso: “Cómpre un referéndum sobre o eucalipto”

Haberá en Galicia quen saiba máis de natureza, pero poucos hai que pateasen máis monte que Pedro Alonso. O biólogo detalla décadas na serra atrás do lobo e en loitas ecoloxistas en “A fraga esborrallada. Crónicas naturalistas dacabalo de dous séculos”, crónica de como agoniza a Galicia rural pero tamén das vitorias do movemento ecoloxista galego, que tamén as houbo. Nesta entrevista con Galiciapress, o naturalista aborda temas como Altri, Ence, as eólicas e os incedios. A súa aposta pasa por deixar de considerar o monte só como unha fonte de riqueza e por unha consulta popular sobre as coníferas e os eucaliptos.

APDR lanza 'crowdfunding' para sufragar a última batalla xudicial contra Ence

O colectivo ecoloxista lanza unha campaña de recadación de fondos na plataforma Goteo para custear o incidente de nulidade presentado ante o Tribunal Supremo, alegando indefensión no proceso que valida a permanencia da pasteira en Lourizán até 2073.

A folga en ENCE comeza este sábado coa súa primeira xornada

Os traballadores están á espera que de que lles convoque a empresa para sentar a negociar para que "saquen o ERE de encima da mesa".

Temor en Ence-Pontevedra ante a posible venda a Altri: "descoñecemos os plans da dirección"

Ence vive un momento de incerteza laboral. Ante o anuncio de posibles despedimentos colectivos que os traballadores cualifican de “encubertos”. De momento non hai nada aclarado por parte da empresa, nin sequera aclarouse a “visita técnica” de xente de Altri á planta pontevedresa. En tal caso, novembro será un mes de mobilizacións para que a pasteira perfile o seu futuro e o dos e as traballadoras

Rueda, do proceso de despedimento colectivo de Ence: "Algúns estarán felices"

O mandatario reduce a ameaza de despedimentos a "un momento conxuntural da súa actividade".

APDR lamenta que Ence reciba un novo aval do Supremo: "Non por esperado deixa de causar dor"

A Asociación pola Defensa dá Ría vincula a prórroga do Goberno de Rajoy á concesión da fábrica pontevedresa coa presunta "trama corrupta" pola que o exministro de Facenda Cristóbal Montoro está a ser investigado

CIG estuda denunciar a designación como directora en Medio de Echevarría, “parella” do xefe de ENCE en Galicia

Cuestionar o nomeamento é machista, segundo rebateu o PP ante as primeiras críticas ao redor da designación como responsable de avaliación ambiental da Xunta á “parella” do responsable dunha das industrias máis polémicas o país.

Miguel Anxo Fernández Lores: "Sobre o canon de SOGAMA, a Xunta xoga cos concellos dunha forma impresentable"

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, inicia o seu sétimo mandato na cidade do Lérez. Cuestionado sobre o canon de SOGAMA, considera que hai intereses detrás por parte do goberno galego. ENCE segue sendo un punto na súa axenda pois a súa idea de recuperación para a cidade e a ría pasa por retirar a pasteira da súa actual localización. Noutra orde de cousas, Fernández Lores busca facer de Pontevedra un referente tanto no cultural como no deportivo e para iso conseguiu que na súa cidade celébrense dúas galas dos Premios Feroz (en 2025 e 2026).

Ence subvenciona máis de 300 programas sociais en Pontevedra

O Plan Social Ence Pontevedra é unha iniciativa da empresa para contribuír ao desenvolvemento social e económico da cidade de Pontevedra á vez que serve para que a empresa se gañe o favor da opinión pública local, algo clave para a súa continuidade, pois o Concello de Pontevedra é un das partes demandantes contra a prórroga, pleto que a compañía gañou pero que a Administración recorrerá.

 

A Plataforma en Defensa da Ría de Pontevedra maniféstase por un "futuro alternativo" para Ence

O presidente do colectivo ecoloxista carga contra a Subdelegación do Goberno polo despregamento policial fronte á factoría

Rueda, sobre a idea de trasladar o plan de Ence nas Pontes a Lourizán: "É só a petición dun sindicato"

O presidente da Xunta de Galicia valorou exausitvamente o significado do pronunciamiento do Tribunal Supremo con respecto a Ence e as consecuencias xurídicas que pode ter para os intereses da Xunta.

 

Lores, alcalde de Pontevedra: "En 20 anos de médico nunca se foi ninguén da miña consulta sen ser atendido"

Galiciapress conversa con Miguel Anxo Fernández Lores (1954), médico e alcalde de Pontevedra desde 1999 como parte da súa serie de entrevistas con alcaldables nas eleccións de primavera.

 

 

"Ence é pan duro para hoxe e fame para mañá" razoa Lores, alcalde de Pontevedra, horas antes do fallo final

A só un día que que se reúna o Tribunal Supremo e despois de coñecer a postura de Greenpeace, outra das partes no preito da prórroga de Ence, Galiciapress entrevista Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde do Concello de Pontevedra.
 

Abandonará Ence Pontevedra? "Que nos devolvan o que foi e debería seguir sendo Lourizán, un paraíso natural”

A semana que vén, máis concretamente o martes 7 de febreiro, o Tribunal Supremo reunirase para resolver unha cuestión pola que a cidade de Pontevedra leva ano pendente: debe Ence abandonar o seu emprazamento en Lourizán?

 

Defensa dá Ría de Pontevedra celebra 20 anos da condena a Ence

A empresa pasteira reprocha que o colectivo ambiental rememore o xuízo a unha factoría "do pasado" que non se corresponde coa actual

A gran fábrica de fibras téxtiles estará na provincia de Lugo, promete Feijóo durante o Debate de Estado da Autonomía

A nivel de medidas concretas, o máis relevante é a promesa de garderías gratuítas para o primeiro fillo, a promesa dunha gran fábrica de fibras téxtiles para a provincia de Lugo e a confirmación do fin de estado de emerxencia sanitaria.

"A pandemia es ti", operarios de ENCE protestan contra Pedro Sánchez nos accesos ao Foro La Toja
Buscan entregar un manifesto coas súas demandas ao presidente do Goberno, que este venres clausura un foro na localidade
Ence recurirrá a anulación da prórroga en Pontevedra e a oposición esixe ao PP que busque alternativas
Convocará a investidores a principios da semana próxima para dar resposta ás cuestións que se poidan suscitar
A prórroga a ENCE é ilegal polo que a fábrica debería deixar Pontevedra, dita a Xustiza

O Goberno en funcións de Mariano Rajoy concedeu unha prolongación de 60 anos da concesión á industria, que debía abandonar o terreo público en 2018. Esa prórroga non é válida, falla a Audiencia Nacional.

ENCE e Feijóo ábrense por vez primeira a buscarlle outra localización á factoría, se hai subvencións
"Non se pode desconectar unha fábrica antes de construír a seguinte", aínda que admite que a ría de Pontevedra "non é a mellor localización"

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE