Ence recurirrá a anulación da prórroga en Pontevedra e a oposición esixe ao PP que busque alternativas
As accións da pasteira caeron case un 10% hoxe ao coñecerse que a Audiencia Nacional tomba a prolongación da concesión en Lourizán
O Bloque considérao "un triunfo para Galicia e para Pontevedra" e o PSOE insta o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a "exercer as súas competencias" en materia industrial e a propoñer unha "localización alternativa"
Decenas de persoas cunha pancarta na que se le: `Fóra da ría xa!´, durante unha manifestación contra Ence, ao 4 de xullo de 2021, en Vigo, Pontevedra este verán /EP
Ence anunciou que "esgotará todas as vías xurídicas para defender a legalidade da prórroga" da concesión da fábrica de Pontevedra, que anula en senllas sentenzas a Audiencia Nacional, ao admitir os recursos contra ela do Concello e de Greenpeace.
A compañía avanza nun comunicado de prensa que recorrerá ante o Tribunal Supremo a sentenza da Audiencia Nacional que anula a prórroga e advirte de que "máis de 5.100 familias dependen de forma directa e indirecta da actividade da planta".
A Audiencia Nacional ditamin Ence desenvolve unha actividade que, pola súa natureza, pode ter unha localización distinta do seu actual emprazamento.
Escribe o teu comentario