Identificados os mozos de Cangas que agrediron a outro con xestos e cánticos fascistas

Os investigados son veciños do municipio pontevedrés. 


|

Archivo - Policía Local de Lugo
Arquivo - Policía Local 

 

A madrugada do domingo foi especialmente axitada na avenida de Marín de Cangas, onde se concentran a maioría de locais da noite canguesa. Neste espazo se reunen os mozos para gozar do lecer nocturno, embazado o pasado fin de semana por un desgradable incidente que deixou a identificación de dous individuos acusados de agredir a un terceiro nesta zona de festa.

 

SUCESO

Os feitos sucederon pasadas as 6:00 horas da madrugada do sábado ao domingo cando as autoridades tiveron coñecemento dunha rifa nas inmediacións dun local. Un mozo resultara agredido e os seus amigos foron os que alertaron á Policía Local do ocorrido, segundo recolle Faro de Vigo.

 

Segundo o relatado aos axentes, os afectados sinalaron que non coñecían aos agresores, cos que xa tiveran un roce horas antes noutro local do municipio. Nesta declaración, sostiñan que os agresores realizaran xestos e cánticos nazis, o que motivou o enfrontamento mentres os agresores dicíanlles cousas como "estes vermellos veñen quitarnos o traballo, a estes de esquerdas non llo imos a permitir" ou "somos fillos de gardas civís destinados no País Vasco, criámonos alí".

 

Tras dar unha descrición detallada dos sospeitosos, unha patrulla localizounos na contorna, confirmando a identificación coas declaracións dos amigos da vítima. Antes de ser abordados polos axentes, un dos sospeitosos tentou desfacer dun puño americano. Os dous investigados foron propostos para sanción por tenencia dunha arma prohibida.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE