Os ecoloxistas da Rede Contraminación cren que non hai que poñer todo o foco sobre Bernardo Tahoces, o director xeral de Minas de la Xunta imputado por prevaricación ambiental polas minas de San Fins, Lousame. Lamentan que queden en segundo plano "as primarias presuntas responsabilidades ambientais dos administradores das empresas mineiras". Quen son entón os empresarios? Detrás dunha maraña empresarial está o grupo Sacyr.
Os documentos presuntamente roubados a Bárcenas pola Policía na operación Kitchen corraboran as declaracións de Pablo Crespo na Comisión de Investigación no Congreso.
Pablo Crespo tirou onte da manta no Congreso dos Deputados. Agora ben, tan interesante é a quen sinalou, como sobre quen calou. Vídeo completo da comparecencia no Congreso dos Deputados no interior.
O número dous da trama Gürtel tira da manta contra o seu ex-partido, PSOE e BNG no seu comparencencia no Congreso dos Deputados.
O ex presidente do Goberno comparece no Congreso pola presunta caixa B do PP
Galicia é, hoxe por hoxe, un caso paradigmático de que sen prensa libre non hai sociedade libre. Con unha prensa servil coas elites políticas e económicas a democracia é moi deficitaria e insuficiente. Galicia carece hoxe dunha pluralidade nos medios tal que garante o dereito a información pois esta é moi sesgada a prol dos intereses políticos e económicos dos que controlan os medios galegos. Por caso, os medios públicos (CRTVG: Corporación de Radio e Televisión de Galicia) confirman, un día si e outro tamén, esta realidade. O mesmo podería dicirse dos medios privados de maior tradición (Grupo Voz, Prensa Ibérica, El Progreso, La Región, Grupo La Capital, Editorial Compostela ...) cuxa dependencia financeira das subvencións dos poderes públicos, a pesares de ignorar o uso do idioma galego, e das axudas privadas condiciona claramente a súa liña informativa.
Edgewater non logrou sacar adiante a mina de Corcoesto, din os canadenses, por non ceder á chantaxe para dar parte do negocio a un socio local. Analizamos quen é o socio local de Atalaia Minning e cales son as súas conexións con grandes construtoras e coa universidade.
Feijóo asegurou que lle "repugnan" e que lamenta as "corruptelas descubertas" no Partido Popular. "É evidente que no seo do Partido Popular producíronse graves erros de control, por iso hai un extesorero condenado e varios alcaldes condenados", manifestou.
A dirección nacionalista vasca comunicou ao Goberno que votará a favor da moción de censura presentada por Pedro Sánchez. Mariano Rajoy podería dimitir para forzar eleccións, o que deixaría vacante en principio o liderado do PP a nivel estatal. Un posto para o que o presidente da Xunta é, en teoría, o mellor colocado. De feito o presidente de Cantabria xa o propuxo. Vídeo en directo do debate.
Rajoy pon en cuestión o fallo sobre Gürtel, presumindo de que "a sentenza non é firme nin é unánime". Antes, Ábalos (PSOE), presentou "unha mocion de censura para defender a Constitución,recuperar a normalidade, para sacar a corrupción, para falar de dereitos, de precariedade". Mentres, todos pendentes do PNV.
Rosalía Iglesias está condenada a 15 anos de prisión pola súa implicación na primeira época da trama Gürtel.
Como a política española estaba algo “aburrida”, veñen as súas señorías e soltan a bomba da sentenza do Caso Gürtel que condenan a uns cuantos membros ilustres do PP.
O Partido Popular veta a comparecencia do presidente da Xunta, e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, no próximo pleno do Parlamento de Galicia para dar explicacións sobre a sentenza de Gürtel, un fallo que condena ao PP para pagar unha multa de 245.000 euros como partícipe, a título lucrativo, pola súa implicación nos primeiros anos de actividades da trama.
Mariano Rajoy parece disposto a non dar un paso atrás e non pensa dimitir, pero xa non descarta adiantar eleccións se non prospera o intento de Pedro Sánchez para botalo da Moncloa.
A sentenza da Gürtel e a moción de censura sitúan ao líder galego de novo como favorito para unha eventual substitución do presidente do Goberno. Feijóo di apoiar a Rajoy pero -desmarcándose do argumentario oficial- insiste en que hai que desculparse e lembra que os políticos deben ser útiles antes que importantes.
O paso adiante de Pedro Sánchez presentando unha moción de censura marca tamén a vida política galega. O PSdeG, loxicamente, pide a marcha de Rajoy, como tamén fai Martiño Noriega -un dos alcaldes das mareas- e o BNG -que lembra os orixes galegas da Gürtel. No PP galego, pola súa banda, hai certa ambibalencia. Por unha banda defenden ao seu líder pero por outro admiten que o partido debe pedir desculpas.
Villegas advirte que se non se convocan comicios, C's apoiará unha moción de censura instrumental para que sexan disoltas as Cámaras e celébrense eleccións.
O PP convértese o primeiro partido condenado por corrupción polos primeiros anos de actividades da trama, cunha multa de 245.000 euros.
O número dous da Gürtel e ex secretario de organización do PPdeG busca unha rebaixa de condena pola trama de corrupción.