Empresario dos papeis de Bárcenas presidiu a mina pola que é investigado o director xeral

Os ecoloxistas da Rede Contraminación cren que non hai que poñer todo o foco sobre Bernardo Tahoces, o director xeral de Minas de la Xunta imputado por prevaricación ambiental polas minas de San Fins, Lousame. Lamentan que queden en segundo plano "as primarias presuntas responsabilidades ambientais dos administradores das empresas mineiras". Quen son entón os empresarios? Detrás dunha maraña empresarial está o grupo Sacyr.


|

Os ecoloxistas da Rede Contraminación cren que non hai que poñer todo o foco sobre Bernardo Tahoces, o director xeral de Minas de la Xunta imputado por prevaricación ambiental polas minas de San Fins, Lousame. Lamentan que queden en segundo plano "as primarias presuntas responsabilidades ambientais dos administradores das empresas mineiras". 



Luís do rivero declaracion

Luís do Rivero entrando a declarar polo caso Gürtel | Europapress


UNHA MARAÑA DE EMPRESAS DETRÁS DAS QUE ESTÁ SACYR

Quen son entón os administradores desta mina? Formalmente, o titular é  Tungsten San Finx,  creada fai só catro anos con domicilio na sede. O propietario e administrador único desta filial é Valoriza Minería, que á súa vez é propiedade e está administrada por Sacyr Servizos.


É dicir, ao final desta maraña empresarial atópase o coñecido grupo madrileño Sacyr, cuxo co-fundador e ex-presidente é  Luís Fernando Do Rivero Asensio. Coñecido como Luís do Rivero, en 2015 foi imputado pola Audiencia Nacional polo suposto pago de comisións ao PP.


DOUS APUNTAMENTOS Ao seu NOME NOS PAPEIS DE BÁRCENAS

De feito, o seu é un dos 23 nomees empresarios que figuran nos famosos papeis de Bárcenas. A el o ex-tesoureiro do PP atribuíulle dous pagos nos seus apuntamentos, 120.000 euros en 2004 e 60.000 euros en 2006. Ademais, a Xustiza investigouno por recibir 100.000 euros en unha conta en Suíza por parte doutro empresario imputado na trama.



No seu comparecencia na Comisión de Investigación sobre o financiamento do PP, Rivero admitiu a existencia desa conta suíza, pero quitoulle importancia, alegando que era legal e que tiña todo o seu patrimonio regularizado. O magnate negou os pagos ao PP  e tamén o clima de corrupción que sufriu o país durante o auxe do ladrillo.


SALTA O CASO GURTEL, DESAPARECE DOS CONSELLOS DE ADMINISTRACIÓN

Pese  a que ningún doante foi condenado polas cantidades  que rexistrou Bárcenas na súa contabilidade B, a mala prensa xerada polo caso aconsellaba unha retirada a un segundo plano. Así, de ser presidente do grupo; Do Rivero  foi substituído do consello de administración de todas as filiais do grupo rapidamente; entre o ano das primeiras detencións da Gürtel, 2009,  e 2013.  O seu nome se esfumó da directiva de Sacyr Servizos,  a propietaria a través de dúas filiais da mina de San Fins.


CONCIDIÓ CON BÁRCENAS NA EMPRESA DA AP-9

Do Rivero tamén abandonou Autoestradas do Atlántico Concesionaria Española, que durante moitos anos xestionou a polémica concesión da autoestrada galega AP-9.  En Audasa, por certo, Rivero coincidiu con Bárcenas; o empresario presidía a autoestrada e o político presidía o sindicato de obligacionistas dunha emisión de 180 millóns en bonos


O ex-presidente de Sacyr tamén tivo cargos noutras sociedades que xestionaban concesións públicas en Galicia, como Pazo de Congresos de Vigo SA e Autovía do Barbanza Concesionaria de la Xunta de Galicia SA.






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE